- Obsesións » »
- « « Positivo Ou Final?
Pinturas rupestres
Hai un par de semanas preguntábame non sei a santo de que, quen pintou as covas con pinturas rupestres e ocorréuseme que debeu ser unha muller, sobre todo se se trataba de unha cultura matriacal, e hoxe atópo a mesma pregunta aquí.
Bueno estaba buscando, porque o tema non se me ía da cabeza, (se cadra desatado por esta lectura) e non teño tempo de resolvelo agora así que enlazo un par de textos e deixoos ahí ata máis ver.
Teño un par de recordos da infancia que me gustaría compartir, un deles éra unha frase "hai roupa ó clareo" que escoitabas en ocasións cando te acercabas ós adultos e estes estaban conversando sobre algo que non era entendido como apto para nenos, lembro que despois de escoitar a frase tiñas a sensación de que todo cambiaba e non sabías moi ben como nin porqué, solo que as cousas xa non eran o mesmo despois de que alguén pronunciaba aquela frase. Tardabas anos en darte conta de que aquelo era unha mensaxe cifrada, de que ti eras a roupa ó clareo e que o tema de conversación viraba porque os adultos se percataban da túa presencia. Resúltame simpático lembralo, e dóume conta de que hai anos que non o facía.
O outro era unha broma absurda que adoitaban gastarlle os adultos ós nenos, dícíanche con total seriedade "vai alí a fóra e mira a ver se estou eu", e o sorprendente era que ías ver se a persoa estaba onde che indicaba que miraras, despois voltabas e dicíaslle "non, alí non estás". Esta fin de semána fixemoslle o mesmo ós meus sobriños, teñen catro anos, e o caso é que a resposta foi a que cabía esperar, sairon miraron e comprobaron que non estabamos. Ríome pensando que o caso é que despois de facerche a mesma xogada unha chea de veces aínda non te dabas conta. As últimas veces negábaste a ir mirar, porque a experiencia demostrábache que tódalas veces que ías mirar a outra persoa non estaba, "total non vai estar", xa facías a comprobación sen convicción e por último negábaste a ir pero aínda non sabías que era imposible que alguén estivera en dous sitios á vez.
Hai cousas que non cambian, e outras que si. Envíame Daniel un texto de reflexiones e irreflexiones, que relaciono xa que parece que algúns nenos van mirar onde están os seus pais, será que a fenda xeracional acadou esa distancia na que o neno se volta a mirar se segues ahí, será que a distancia chega a esa fronteira onde empeza a soidade, será que non nos recoñecemos na distancia, será que dende tan lonxe non podemos comunicarnos...
¿Compartimos algún espacio? ¿Hai novas formas de presencia? ¿Hai outros máis preto?
