19j construción social da realidade

Dende a marcha dos mineros continuada por funcionarios ata o día de hoxe #19j as conciencias veñen recorrendo e redefinindo amplios territorios cognitivos ó largo e ancho deste país. A sociedade dividida (funcionarios, policía, comunistas, republicanos, militares, xubilados, parados, autónomos… e mil conceptos parciales máis do humano) atopa motivos para solidarizarse nunha acción conxunta e maniféstase esta tarde ás 20:00 por todo o país.
Peléase a construcción social da realidade, as alianzas dos individuos dilúen e transcenden as fronteiras das institucións e as estruturas tradicionais (partidos, sindicatos, institucións e organismos públicos, grupos sociais…). Os funcionarios de hacienda presenta medidas alternativas ante os recortes, a policía trata de reducir a acción dos antidisturbios, os cidadáns impiden deshaucios, os representantes autonómicos invitan a ofrecer resistencia ante os recortes, e apélase ó dereito a desobedecer. O sistema económico é un flan e aquí empezan a incrementarse os decibelios.

Os medios de comunicación que calaron ó principio da marcha negra, van cambiando de tono e por fín os sindicatos convocan conxuntamente unha manifestación. Os que calaron ó principio parecen ter escollido bando e van sendo icluídos sen demasiada resistencia.Leremos os acontecementos deste serán.
O poder somos todos e a burbulla mental parece próxima a reventar, por iso o discurso cambia de dirección e de sentido. Un gran bloque de xeo despréndese en Groenlandia.