Gastar en I+D+i

Os profesionais do Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información que elaboran La sociedad en Red. Informe Anual 2011expresan a información que nos da a gráfica do xeito seguinte:

Ocho de cada diez internautas se conectan a Internet desde su hogar.

Eu expreso e afirmo a partir da mesma gráfica o seguinte:

Oito de cada dez internautas conéctanse a Internet dende fóra dos seus fogares.

E a miña afirmación é tan certa coma a do profesional que traballa para ONTSI.

Procedemos a sumar os que se conectan dende fóra do fogar:

35.5+21.4+9.8+9.6+6.8+3.8= 86.9

Ademáis, aínda que non dou atopado o cuestionario para saber como funciona a pregunta no cuestionario, asumo que as respostas non son excluíntes porque entre os que se conectan dentro e os que se conectan fóra estamos ante un 169.6% (82,7+86.9). Polo que parece os mesmos que se conectan dende a casa tamén se conectan dende outros puntos . Bueno, eu non sei para que pretendía servir esta gráfica, pero serviu para cabrearme xa pola mañán e facerme perder algún tempo.

A xente que consulta este tipo de informes, suele estar moi ocupada e ter moitas cousas en que pensar, pero non hai que aproveitar isto para colocar calquera cousa de calquera maneira. Convén poñer un pouco de interese e rigor no traballo que se fai para non acabar inmers@s en estados de crisis incomprensibles. Hai que esforzar o intelecto cara a comprensión da realidade. Sobre todo dende os observatorios destinados a tal fin. Non hai que rellenar con vacío as fendas existentes entre o coñecemento e o real.

Non olvidemos que estes informes están dirixidos a xente que presumiblemente ten un intelecto medio, tal vez en algún caso incluso superior. Un pouquiño de responsabilidade no traballo que se fai con cargo a fondos públicos. Esto non é invertir en I+D+i, esto é gastar en I+D+i