Título pendiente de revisión

Síntome impelida a dicir “por fin” rematou o proceso de tese. Aínda non tiven tempo suficiente de darme conta pero pareceume que estaría ben colgar aquí a presentación que empreguei onte para defendela. Deixo para dentro duns días ou de medio millón de repensamentos máis ou menos algunha reflexión a maiores sobre as observacións do tribunal. Aínda é pronto. Pero agora non quero esquecer a brillante dirección de Daniel Martí e Ángeles Parrilla. Entre os tres fixemos un bo traballo.
Unha cousa que xa teño clara, nunca estamos atent@s a todo. Polo tanto é importante que por se acaso sempre teñamos unha dúbida. Unha dúbida sempre cabe en calquera lado. Eu digo que levemos siquiera dúas ou tres, por se alguén se queda sen elas, poder prestarlle unha.

Aínda vou dedicar unha semana máis para mi, solo unha. Estou falando polo google talk con Isidro. Acábame de lembrar que vou cumprir anos en tres días. Non sei porque tendemos a valorar as cousas. Pero eu creo que 40 é unha idade perfecta, espero que o tempo continúe a causar perfeccionamentos en min. Agora Isidro e eu estamos a falar das datas dos cumpreanos de abril, non nos acordan os días. A Isidro parécelle terrible, eu creo que non importa, creo que as datas non importan. O tempo non importa, o que importa é o que sentimos. O amor importa.

PS. O amor importa, pode ser un título estupendo

3 reflexións sobre “Título pendiente de revisión

Os comentarios están pechados.