Sorprendentemente e apesares dos esforzos en introducir as novas tecnoloxías da educación nas escolas cos Plans Avanza e Avanza 2, Internet na Aula, resulta que segundo o AIMC a xente conéctase menos a internet dende o centro de estudios ca do que xa se conectaba no 97. O mesmo pasa coas conexións dende o lugar de traballo.

Se esto fose certo, podería ser que estiveramos a tirar cos cartos publicos destinados a fomentar o uso das TIC. Dios queira que o EGM se equivoque, porque senón solo nos queda subir as audiencias co noso Proxecto Abalar para que veña a nos a Sociedade da Información. Non deixemos cair o PIB.