Violencia contra as mulleres contra a violencia contra as mulleres



Levo anos preguntándome por qué as campañas contra a violencia contra as mulleres se dirixe ás mulleres, dun xeito que ademáis parece facer a estas responsables últimas da súa erradicación. Estou convencida de que as campañas contra a violencia teñen que reconfigurar o seu público obxectivo, pero sobre todo non deixar de atender ó seu público potencial.

Gustaríame lembrar que aínda que as campañas actuais se dirixen case sempre á muller maltratada como tarxet, o público potencial destas campañas inclúe ó seu maltratador. Escribo hoxe sobre esto, non porque se aproxima o 25N, senón porque son público efectivo dunha campaña que o Concello de Pontevedra. O ABC dice que “el fin justifica los medios, y por muy polémica que este siendo la campaña“, personalmente non experimentei ó respeto máis polémica ca o vocablo empregado pola redactora (ou redactor), pero si quero facer unha reflexións sobre a mesma coas miñas impresións.

As campañas contra a violencia de xénero oriéntanse, -ou deberían facelo- non a suscitar polémica e salientar figuras públicas e ou institucionais, senón a erradicar a violencia contra a muller.

Como publicista estou en desacordo coa estratexia que utiliza esta campaña -coma outras- fundamentalmente dous aspectos mencionados no primeiro paragrafo:

1. Configurar como tarxet á muller maltratada aillándoa na mensaxe e definila como responsable última da súa situación, situándose neste punto á par co seu agresor.

2. Desatender o seu público potencial entre o que se atopa o machista violento que lerá no primeiro punto un apoio á súa postura.

Distintos medios reproducen alegremente (esto é ironía miña) a probable explicación das ideadoras (ou ideadores) da campaña que xustifica o emprego da violencia contra as mulleres contra a violencia contra as mulleres. A idea de usar as agresións verbais que as mulleres maltratadas sofren a cotío para chamar a súa atención ten probablemente a mellor das intencións, pero a elección da mensaxe paréceme desafortunada e contraproducente nos dous puntos mencionados.

Técnicamente non solo está usando os insultos as expresións de violencia verbais máis usadas polo maltratador, senón que reproduce todo o esquema de comunicación desenvolto polo maltratador e exerce xustificándoa a misma violencia ca el contra a muller “polo seu ben”. Consciente ou inconscientemente a mensaxe pretende activar no recordo da muller maltratada a presencia e o peso que exerce sobre ela o maltratador, situación que con toda probabilidade inhibiría unha resposta desexable.

Evidentemente a elaboración de mensaxes comerciais destinadas a promover unha conducta difire significativamente daquelas outras destinadas a erradicar unha conducta. Traballei fai anos na Cruz Vermella de Pontevedra (principios de século) e lembro ter tido alí a oportunidade de revisar un informe publicado nos seus cuadernos ou monografías. No estudio realizado -sobre drogas naquel caso- constatábase que é contraproducente introducir xeringas e outros elementos presentes no desarrollo dunha conducta en mensaxes destinados a erradicar ese tipo conducta ou hábito nocivo. Ó parecer a presenza destes elementos suscita o efecto contrario xa que consegue que a persona actúe da mesma forma que o fai baixo a situación que os elementos lle lembran desatando o desenvolvemento de conductas que xa están interiorizadas. De modo que a estos elementos familiares (insultos neste caso, agresións e moratóns en tantos outros) reforzarían a sumisión na muller maltratada. Traerían ó seu recordo ó maltratador e ás agresións que sofre e por tanto terían un efecto contrario ó buscado contribuíndo a que se execute a resposta de sometemento que se pretende evitar.

Respecto ó punto 2 que afecta á lectura do maltratador, é bastante probable que ver reproducidas e xustificadas as súas expresións tampouco inhiba a súa conducta xa que o que se atopa son as mismas actitudes dirixidas ós mesmos obxectos por outro suxeito. É posible que a reproducción da súa conducta en “outro” reforce a suá conduta insertando a súa moral no plano da aliedade e reforzando a súa actitude cara o obxecto e xustificando a súa conducta.

Como licenciada en Publicidad y Relaciones Públicas, con un doctorado que me capacita como Investigadora en Comunicación e muller capaz de observar o peso da concepción machista da realidade percibida e creada socialmente, estimo que estamos moi lonxe de ver con claridade o fenómeno do maltrato. Sen embargo deberiamos empezar a observar de que modo o machismo que nos mesmos portamos e transferimos afécta á construcción da realidade. É probable que de momento non sexamos quen de dar conta da violencia machista, nin de fixar os termos da nosa contribución, do efecto das nosas posturas, das nosas respostas nestes fenómenos.

Á espera de unha maior claridade, tal vez sería axeitado observar e manipular o obxecto con actitudes novas e sobre todo evitar a violencia nas campañas contra a violencia. Sobre todo para non poñer ás víctimas en dicotomías violentas históricas coma aquela de “ti levas o velo vs. ti non levas o velo” nas que se pode elexir entre levar velo ou non, pero non evitar someterse á imposición de outro.

Como publicista erradicaría das campañas os insultos, as agresións e as súas secuelas nas comunicaciones contra a violencia de xénero, como muller eximiría á muller maltratada de toda responsabilidade, como observadora trasladaría a o interese ó suxeito activo da interacción de maltrato.

Se cadra, deste xeito co tempo conseguimos facer mensaxes máis efectivas;  e se cadra con máis tempo esas mensaxes sexan susceptibles de cair en desuso por que xa non teñan cabida nin utilidade.