Sexamos seri@s por favor. Esto son 15 minutos de investigación.

En primeiro lugar, paréceme aberrante que a xente intente colocar un “test de satisfacción” que lle pasou ós alumnos en clase como traballo de investigación. En segundo lugar, porque o test de como resultado niveis altos de satisfación no alumnado non se pode inferir que o software empregado é unha ferramenta fetén para a aprendizaxe. En terceiro lugar, unha pode ser moi lista (ou listo), pero hai que saír do propio campo e ler un pouco de outros campos sobre todo se se van usar conceptos que lles corresponden -se se vai medir a satisfacción hai que ler antes sobre satisfacción- porque:
a) o grao de satisfacción está ligado á natureza do cerebro que ten como prioridade establecer sinápsis que reduzan o consumo de enerxía e a manter estas xunto cun consumo mínimo o maior tempo posible. A aprendizaxe pola contra consiste en alterar as sinápsis existentes e crear outras novas.
b) hai estudos que apuntan que o grado de satisfación está directamente relacionado coa idade e os máis novos amosan en xeral maiores niveis de satisfacción, concretamente entre os 18 e os 25 que coinciden cos periodos de formación universitaria.
c) a satisfacción medida tanto pode ser real como alucinatoria (esto sábese dende os primeiros balbuceos da psicanálise).

E non esquecerse de ter certa vixilancia sobre outro tipo de factores que poidan intervir, por favor. Que estamos a xerar moito ruído, un pouco de rigor… inda que non sexa moito…