Seminario Internet Educativo

Nova EdiciónCartelSeminarioIIEdition

Debido ó acollemento positivo da primeira edición é por mor das persoas que pese ó seu interese, non puideron asistir na primeira edición por non axustarse as datas de celebración ós seus horarios. Temos interese en ofrecer unha segunda edición do Seminario Internet Educativo o vindeiro mes de novembro do 10 ó 12 de novembro de 19:30 a 21:00 horas. Aqueles centros e persoas interesadas poden inscribirse neste enlace.

Agradécese a difusión a aquelas persoas que poidan estar interesadas.

Fin da Actualización

————————————————————————————————

CartelSeminarioInternet

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Casas das Campás, organiza a través de Área de Extensión Cultural, un curso libre e gratuito (previa inscrición) orientado a explorar os retos que presenta para os axentes educativos a incorporación das TIC nos procesos de ensino aprendizaxe.

Perfil de participantes
Docentes e educadores en formación e en activo que estean interesados en coñecer as prácticas de navegación de usuarios infantís e xuvenís dende centros educativos de Galicia. O perfil do participante é ó dun docente interesado no uso educativo das TIC con ánimo de coñecer e afondar nos procesos e dificultades que os alumnos afrontan para resolver as necesidades de información que se lle presentan na aula.

Programa formativo
O programa constará de 3 sesións:
1. Na primeira farase un análise crítico dos métodos de investigación que sustenta os resultados sobre usos educativos de internet.
2. a segunda sesión invita a refelcionar sobre o alcance e limitacións dos coñecementos obtidos ata o momento en referencia ós usos educativos de internet, indagando nas implicacións que presentan para os docentes e educadores.
3. En última instancia farase unha formación en ferramentas para a observación, seguimento e corrección das prácticas de navegación dos alumnos.

Xustificación
Segundo a UNESCO (2009) o “mapa do coñecemento” elaborado polo Grupo dos países en desenvolvemento da OCDE concluía que despois de décadas de grandes inversións en TIC:

  • Os beneficios derivados destas tecnoloxías non parecen estar suficientemente sustentados por datos.
  • A evidencia sobre o seu impacto real é ambigua o, no mellor dos casos, discutible.
  • Existen diversas fendas de coñecemento
  • Faltan estándares, metodoloxías e indicadores internacionais que permitan medir con maior precisión os beneficios reais das TIC en educación.
  • Ausencia de directrices normalizadas que faciliten la elaboración de indicadores relevantes e comparables.
  • Faltan datos confiables e inequívocos que permitan adoptar políticas decisorias.
  • Limita a capacidade dos elaboradores de políticas para tomar decisións informadas ou mostrar un compromiso coa integración das TIC nos sistemas educativos”.

A incorporación das TIC ó ensino responde a un plan deseñado pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e proxéctase na Unión Europea en 1987, no marco da Axenda de Lisboa, trazado en España a través do Ministerio de Industria Turismo e Comercio articúlase no Plan INGENIO2010 (Piñeiro Castro , 2014). cuxo obxectivo “se poden resumir, a nivel global, no obxectivo de conseguir que o gasto TIC sobre o PIB se sitúe no 7% no ano 2010”. O plan económico implementouse a través do Plan instrumental Avanza e Avanza2 dependentes do MITC e materializouse en Internet na Aula. Ó mesmo tempo as liñas de financiamento en investigación TIC marcaban como punto fundamental sine qua “fomentar o uso das TIC no ensino”.

Aínda que o esforzo institucional para fomentar a penetración das tecnoloxías na educación reverte nun maior uso e frecuencia; os informes PISA máis recentes desvelan escasa capacitación tecnolóxica e non se teñen desenvolto didácticas específicas para a incorporación das TIC. Por isto, cada vez máis autores presentan visións críticas en (ENLACES, 2011; Ramírez Orellana, Martín Domínguez & Clemente Linuesa, 2012; PISA-ERA, 2011, ) e invitan a fundamentar conceptualmente a incorporación das mesmas (Cabero, 2010), indicando que «a integración das TIC en modelos formativos non adecuados, non solo non mellora a aprendizaxe senón que o empeora (Rodríguez, 2011, p.10) e en moitos sentidos xera dificultades para o profesorado como para os alumnos (Gemma, 2013). No contexto creado, a propia Comisión Europea insta ó Grupo de Expertos sobre a Alfabetización Mediática a examinar a situación actual da alfabetización mediática nas escolas dos países representados (Aguaded, 2013) co obxectivo de abordar con maior éxito a incorporación de las TIC a la educación.

Nesta liña, a xornada formativa pretende facilitar o traballo dos docentes aportando unha ferramenta útil para a observancia e desenvolvemento das capacidades e destrezas dos alumnos no uso educativo de Internet. Facilitando a actuación flexible na corrección de posibles GAP xerados polas distintas fendas que se presentan na accesibilidade e no uso das tecnoloxías a través da investigación-acción na aula.