Ler isto pode ser unha perda de tempo
Que cousas precisan protección, case sempre aquelas que estamos desatendendo.
Galiza é a cuarta autonomía do Estado que máis número de denuncias remitiu á Axencia española de Protección de Datos durante o 2007. Así o destaca o organismo estatal na memoria anual que presentou esta semana e na que da conta do seu traballo. A cifra concorda coa sistemática vulneración dos dereitos recollidos no artigo 18 da CE, que se están a dar nos últimos tempos.[...] os arquivos de datos de carácter persoal relacionados coa videovixilancia subiron un 618% con respecto ao 2006. Aínda así, hai que lembrar que non todas os dispositivos están rexistrados na AEPD, senón pola contra, no caso galego, a meirande parte das cámaras, debido a súa condición irregular nin sequera figuran no citado rexistro. [...] Axencia recoñece as necesidades de avanzar na protección dos individuos fronte aos novos mecanismos tecnoloxía e recomenda ao Executivo desenvolver unha Estratexia Local dirixida a adecuar a instalación de cámaras para control do tráfico á normativa de protección de datos persoais. En movemento
Esta fin de semana volvín a ver Zeitgeist. E quedeime pensando cal sería o lugar idóneo para implantar o RFID.
Non se me ocorre mellor lugar ca o meato uretral... de Rockefeller e Compañía. ¡Cousas que penso eu!
Hai algo nunha entrevista a Gregorio Klimovsky que me gusta moito di: entre os nosos talentos, que son moitos, temos un moi sorprendente: A facultade de facer cousas que non se deben facer e promover un gran desorden e caos na organización política e no funcionamento das nosas institucións. Dice este home que internet non lle permite a un aprender a investigar ou atopar políticas de investigación e de avances científicos. Para iso hai que desenvolver a intelixencia e as estratexias de pensamento, co cal internet non ten nada que ver.
Non sei moi ben porque me tropezo agora co Principio de Pareto, pero apunto aquí que este principio levado ós procesos de negociación desvela que o 80% das concesións ocorren no último 20% do tempo dispoñible.
Ás veces a min gústame pensar sen que ninguén me contradiga ou me "contrapense", como ninguén te censura ou te sanciona e non tes en conta a ninguén, podes pensar cousas raras. Pensar, o que é pensar, non lle fai mal a ninguén. Pero os pensamentos absurdos que un pode chegar a formular seguramente causan algún tipo de alteración cognitiva que non sei se é boa.
E a entrevista de Klimovsky me lembra un pensameto absurdo que me permitín para descansar y era que o proceso de Bolonia se paralizaba nalgún punto. Quero dicir que non se cerraban os plans novos nos prazos previstos ou que non eran comunicados ou algo similar e eu preguntábame que pasaba entonces e intentaba pensar que facían as partes e que movementos se executaban. Bueno en realidade non conseguín facerme unha idea, pero foi divertido e entretenido.
chuzame - 