[ View menu ]

Archive for 'cultura'

Fontes de información

If i delete all the cookies temporary files and history can my dad still see what websites ive been to?

Chuzame! chuzame -

Esa alegre relación cos signos

titulos.JPG

Chuzame! chuzame -

Buscas en Google

ostias2.jpg

No noso periplo polos colexios públicos imos atopando buscas interesantes, ostias  é unha das que nos chaman a atención e ocorreuseme mirar en google trends a evolución desta busca. Creo que se cadra a alguén máis lle pode resultar interesante.

Chuzame! chuzame -

Efectos poderosos

Onte visitei o Club Faro para escoitar a Manuel Martín-Loeches que trataba de contestar á pregunta ¿que nos fai humanos?. É dicir, que explicou un pouco sistema operativo humano así coma as actualizacións e novas versións que foron salindo nos últimos 80.000 anos.

Mencionou as neuronas espello, estas coñeceredelas ben porque están de moda, ou algo similar dixo, a estimación de Martín-Loeches é que esta moda deixará de afectar á ciencia en un corto prazo estimado de 5 anos, logo chegaráse á conclusión de que non era tan importante. As modas afectan a todo, mesmo á ciencia pero eche unha cousa boa porque moitas persoas se suman á corrente e dese xeito supérase antes o extraordinario do estímulo, bueno se se pode dicir que o extraordinario lle corresponda ó estímulo en lugar de corresponderlle á cognición, percepción, emoción ou o que é o mesmo ó observador, ó suxeito.

Pero modas habelas hainas, recordo que hai uns anos nos medios de comunicación non había frase na que apresentándose o nacionalismo non se apresentara tamén terrorismo ou no seu defecto radical. Non sei se isa moda terá algo que ver con que o debate de aspirantes a xestor só haixa dúas persoas; pouca capacidade de elección se nos ofrece á simple vista, e coincido en que hai máis dunha razón para non votar a ningún dos dous, 31 polo menos din.

Pero falando de modas, preocúpame bastante (con perdón) ese rollo de gañadores e perdedores. O rollo gañador e perdedor, veñoo captando dende hai anos nas películas americanas non sei en cantos guións de produccións norteamericanas non sairá unha frase coma: ¡Eres un perdedor!, logo empezou a soar nesas..., neses..., nos platós onde se comentaban esa clase de programas chamados de telerrealidade, que eu non sei canto teñen de realidade se hai que facer un casting no que a maior parte de concorrentes non dan o perfil que andan buscando. E agora empeza a soar en boca dos aspirantes ó hemiciclo e exténdese por outras voces coma unha moda, paréceme que pasou algo semellante co termo patriota ou patriotismo. É coma se as películas, os guións ficcionais escaparan das pantallas e tomaran a realidade. Non sei se o onomaturgo (pax. 50) andará outra vez de mala saña, ou se a comunicación mediada ten realmente efectos poderosos. Unha cousa é certa; quen sementa recolle -non porque eu o diga, senón porque o dixo Gerbner.

Atopo que non é cousa boa simplificar demasiado as cousas para o desenvolvemento cognitivo:

As características do estereotipo poden sistematizarse, seguindo a V. Allende (1997), en tres:

a) Anula a complexidade dun asunto ou dos oríxes históricos, culturais, relixiosos ou económicos dun grupo ou tipo social concreto.

b) De tódalas realidades posibles, elixe unha, simplista e reduccionista, que conduce a unha visión maniquea das relacións sociais.

c) Opera sobre roles de inferioridade e superioridade, sobre todo en canto ó xénero dos individuos (home fronte a muller) e a súa etnia (hombe blanco frente ó resto). Engado eu e mil outras posibles.

Por outro lado, trátase de construccións mentais sumamente difíciles de erradicar, xa que está demostrado que os sucesos que confirman as expectativas estereotipadas previas son recordados mellor polos suxeitos que aqueles que as contradín. Disfuncións da socialización a través dos medios de comunicación.

Dicía onte Martí-Loeches que fundamentalmente o desenvolvemento do cerebro humano baséase na complexidade das conexións que nos permiten manexar máis información ó mesmo tempo, ou sexa que temos máis ram e procesamos máis datos ó, e, no mesmo tempo. Que bonito ¿verdade?. Se é así, para que simplificar se como tamén se mencionou o maior pracer que se lle pode dar ó cerebro é a sobreexcitación.

Esta fin de semana, estiven a botarlle unha ollada ó pasado recente nun documental que afortunadamente está en YouTube Os 70: De Woodstock ó Walkman ía falar do tema pero vexo que se me fai longa a anotación, como eu xa teño a miña opinión mellor que o vexa cada quen -se quere rememorar o pasado- e que me conte a súa.

Chuzame! chuzame -

A Quen vs. Quen

Unha parte dos xóvenes usuarios actuales están iniciando as súas experiencias web e a súa conducta cambiará. Aínda menos coñecemos dos usuarios, máis do 50%, que se pode incorporar nun futuro próximo por exixencias persoais ou profesionais; e é probable que non repitan as conductas máis extendidas na actualidade. E, por último sen pretender ser exhaustivo, sen gradacións da interacción e destes públicos, que separen conceptualmente entre usuarios e clientes, turistas ou lurkers, pseudo / falsos visitantes os resultados de e-métrica que se nos ofrecen como alcance, difusión ou incluso calidade dunha comunicación conducen a errores de fondo coma os que a semiótica e a análise de contido puxeron de manifiesto con respecto á investigación empírica de audiencias en médios masivos de comunicación. A Análise Semiótica de Hipertextos e a Evaluación de Webistes

Chuzame! chuzame -

Eu tamén

Como hoxe é 14 de febreiro, e somos concupiscentes a máis non poder, e -por que non dicilo- tamén amamos, falemos do tema.

¿Son a feminidade na muller, e a masculinidade no home, un producto cultural?, ¿ou son valores fundados na verdade do ser? ¿significan opresión …ou liberación?.¿é o matrimonio e a familia o sacramento orixinario da creación… ou unha institución do pasado? ¿É a igualdade do xénero… unha opción e dereito, …ou unha falacia totalitarista?. El estupor de Adán por el don de Eva; el estupor de Eva por el don de Adán (I). Esther M. Sousa

Eu penso, -sen coñecer ata tan lonxe a miña árbore xenealóxica-, que se aceptaramos a posibilidade de que todos forámos algo de Adan (hipernetos por exemplo), tamén deberiamos prantexarnos se Lilith era unha muller capaz de vivir toda unha vida de celibato.

Pero, o que de verdade me preocupa é a psicoloxía evolutiva de Erickson e a súa aplicación ó traballo cos nenos.

Di Erickson que na etapa adolescente o individuo vese enfrontado a situacións novas, que non traduzo porque estou cansa:

  • La Perspectiva Temporal, orientación en el tiempo y en el espacio, asimilación de la experiencia con un aprovechamiento adecuado de los aspectos del intercambio interpersonal y de la sensibilidad (experiencia emocional).
  • La Seguridad en Sí Mismo, sentimiento de la propia confiabilidad, sentido de la adecuación y organización de la vida personal.
  • La Experimentación con el Rol, énfasis en la acción; el enfrentamiento de situaciones diversas; y ejercicio de anticipación de metas.
  • El Aprendizaje, significa principalmente interés por el contacto con el medio ambiente y una estrategia del aprendizaje vital.
  • Polarización Sexual: Adecuado grado de desarrollo del propio interés sexual.
  • Liderazgo y Adhesión: Adecuada integración al grupo de "pares".
  • El Compromiso Ideológico, orientación valorativa y participación en el ambiente.

PS. ¡Hai mirade isto!. Por certo, que estabades moi caladiños pero agora xa vou vendo onde estades. Bicos

Chuzame! chuzame -

Por unha cultura libre

É o título dun interesante artigo de Lawrence Lessig (blog) que me atopei hoxe en Enfocarte.

E a letra en árabe da canción Meu neno de Natacha Atlas, por que me da para alí; e doulle as gracias a Tino pola conversa desta mañá.

يا ولدي - Natacha Atlas

قالت يا ولدي
قالت يا ابني
شفتك بتبكي
شفتك في خيالي
قالت يا ولدي
قالت يا ابني
شفتك في ذكري
شفتك بتبكي

كأنك مثاقل
كأنك مسرور
اسمع الحقيقة
افتح على نور
افتح على نور

ما تنساش اصدقاءك
ما تنساش اصدقاءك
واللي يفكروا فيك
واللي يفكروا فيك
ما تقدرش من امامك
ما تفوق من طريق

الحياة مش سهلة
ما تخافش من الظلم
وكل الاسرار مكتوب في الأحلام

Chuzame! chuzame -