Quen carajo interpreta as gráficas

“La edad es un factor determinante en el acceso a Internet, cuatro de cada diez internautas tienen menos de 35 años”.

Coño claro!! e pola mesma 6 de cada 10 deben de ter máis. Está claro que idade e un factor determinante, porque sempre está presente inda que solo sexa porque todo o mundo ten unha idade (ou outra).

“Distribución de internautas y población total por edad”. Está claro so o 12,2 son menores de 24 anos nesta enquisa na que non entran menores de 16 porque se se incluíran o mesmo se incrementaban os niveis en educación primaria.

“Entre la población internauta se observa mayor porcentaje de ocupados por cuenta ajena y personas con estudios universitarios que entre la población total”
 Non sei a porque se divide en etapas a ESO, se non se fixera sería a o tramo significativamente maior, pero aínda así está claro que non hai unha diferencia significativa entre os datos de universitarios e os de segunda etapa de secundaria.



Eu non sei quen carajo elabora estes informes que levan unha chea de capital público e que unha chea de xente ten que consultalos para o seu traballo (mesmo as empresas e accionistas de empresas relacionadas co mercado das telecomunicacións, por exemplo) Xa non vou entrar en detalles sobre o cuestionario, porque teño máis que facer, e esto non se arregla nun día. Pero bueno, aí queda a idea.

Intelixencia colectiva

Se intimar unha orde é intimar con mirada, o desenvolvemento dos futuros medios de comunicación de masas (audiovisual, informático..) moi pronto contribuirá a promover, coa arte do comando a a distancia, unha sorte de cibernética sociopolítica contra a cal non poderá organizarse duradeiramente ningunha resistencia, pois a natureza mesma das teletecnoloxías da pantalla opónse á actividade da memoria e, polo tanto, a compartila reflexión… sendo a arte do tele-comando da orde do reflexo condicionado, pero xamáis da orde de algunha “sabedoría” democráticamente compartida.

Virilio, Paul (1997) Un paisaje de acontecimientos. Barcelona: Paidós, pp. 29-30