[ View menu ]

Archive for 'epistemoloxía'

¿Donde?

La calle pareció ser el lugar más razonable y allí empezó otro capítulo de nuestro aprendizaje. No es a cualquier hora, ni cualquier día ni en cualquier época o barrio que se encuentran niños jugando por la calle. Apuntes metodolóxicos sobre antropoloxía urbana.

Chuzame! chuzame -

Odisea cara o frío ou os Deuses deben de estar tolos

Y yo me maravillaba de que los que habían de nacer tuvieran que luchar en nombre de los que se fueron, y no podía hallar en ello razón. Pero las gentes decían que así debía ser, y yo no era más que un muchacho.

Una odisea nórdica. Jack London

 

Levo un tempo sen palabras, non é que esté sen ningunha, non. E que as que teño non me valen, non encaixan de forma correta; bueno se cadra é que non quero admitir que non teño nada que dicir, ou que non sei o que quero dicir. Todos os estados son transitorios. Hai que esperar. Así que mentres tanto vou contar como me saia o que me contou a min o meu primo, que ten 15 anos e estudia nun dos colexios da mostra, esta fin de semana.

Tiven sorte con este colexio porque cheguei no medio do proceso de conxelación, que o SIEGA estaba a realizar nos discos duros. O colexio ten dúas aulas de informática, pero á miña chegada unha xa estaba conxelada; digo que tiven sorte porque se me permitiu despois dunha reunión de urxencia convocada mentres tomaba os datos da aula que aínda non estaba conxelada pero que estaba destinada a ser conxelado disco tras disco ó seguinte día. Permitiuseme finalmente, despois da interrupción, continuar o proceso de recollida de datos.

O tema dos discos duros conxelados foi unha das problemáticas atopadas, non son partidaria dese sistema porque dificulta moito o uso de funcións do navegador coma os marcadores, ou favoritos, o propio historial, e a fluidez xa que o equipo está sometido a un constante primeiro encontro coma nun día da marmota e realízanse continuamente procesos repetitivos que non teñen utilidade unha vez que se apaga o equipo. E coma se cada vez que te atopas con un contacto tiveses que facer as presentacións, e logo no próximo encontro non serviran de nada, non se acorda e hai que volver a presentarse. (son as palabras que teño, recoñezo que non son as adecuadas, sintoo moito).
Noutro colexio comentábame o coordinador TIC, que tiñan detectado que algún/s alumn@/s visualizaba/n e facía/n descargas de pornografía dende unha terminal da biblioteca, pese a que sempre había algún mestre supervisando o uso dos equipos. (Respecto á habilidade que teñen os rapaces para evitar o Control parental fálase en Growing up online; e por todas parte da fenda dixital- Estou recapitualando). Cando lle comentou o caso á persona do Siega que revisaba os equipos esta recomendoulle conxelar os discos duros. A min non me parece unha solución, a el tampouco, claro. Nos traballos que levo vendo, a maior preocupación radica en que non se cargue o equipo, que siga en funcionamento. Claro que eso é ben razonable tratándose dunha aula de informática dun colexio, é moi importante que os equipos se manteñan operativos para dar clase. É unha das preocupacións máis significativas para os coordinadores TIC cos que me entrevistei nos centros. Tiñamos deseñado unhas preguntas moi abertas para facer unha e outra vez a modo de exploración para o grupo de discusión. Había por un lado unha que dí ¿Que observacións farías respecto ó uso de internet por parte dos alumnos? e a outra ¿Que observacións farías respecto ó mantemento dos equipos?. Atopo que ambas preguntas conflúen nunha soa resposta moi ó fío da operatividade dos equipos e a súa conxelación.

O problema dos usos é máis observado en relación cos danos materiais que causan no sistema operativo dos equipos e moito menos no que eu considero que é o dano que os contidos poden causar no sistema operativo do propio alumno. E mesmo no ensino, no desenvolvemento das unidades didácticas para a educación sexual, por exemplo, pois ¿non é a pornografía coñecemento previo a ter en conta? e se nalgúns casos as buscas se realizan ó estilo de "tias guarras", ou as páxinas atopadas teñen por título cousas coma "zorras muy zorras" ¿non pode iso causar algunha dificultade á parte da educación en valores relacionada co xénero?. De ser así ¿a educación debería incidir en estes aspectos?. Se así fora un disco duro conxelado non axudaría en moito.

Importante tamén o tema da violencia, -tema no que non paro de pensar por qué resulta gratificante- e non logro entender. Nunha ocasión pregunteille ó meu afillado de 16 anos que me ensinaba uns vídeos jackas por que lle gustaban eses documentos -en vez de documentos usei a palabra vídeos coa maior naturalidade da que fun capaz- non atopou maneira de responderme, nin sequera ergueu os hombros, nen sequera dixo non sei. Quedou sen palabras, creo que nunca se tiña preguntado tal cousa. Aceptei a resposta e manexoa como información na miña procura.

Ía dicindo que en canto a contidos de risco ou virus capaces de danar sistemas operativos e causar malos funcionamentos recoñece por exemplo o Libro Blanco do Consell de l’Audiovisual de Catalunya que:

Contidos de risco son aqueles que entrañan un perigo potencial que pode ou non ter consecuencias directas para certos individuos, pero que, á larga, e considerados estadísticamente, si enxendran danos notorios para a sociedade:

Contidos violentos
Contidos sexistas ou racistas
Contidos pornográficos
Contidos consumistas
Contidos que tenden á corrupción da linguaxe e atentan ás normas de respeto ó outro
Contidos que violan o dereito ó honor, a intimidade e a privacidade das persoas

Diríase que vou recuperando as palabras. E antes que me esqueza debería dicir o que me contaba o meu primo, que era que cos discos duros conxelados, estaban moito máis tranquilos e que non tiñan que preocuparse tanto.

-Como cando usas un ordenador tes que poñer o teu nome, antes podían saber que páxinas visitabas, pero agora non tes que preocuparte porque ó apagarse desaparece todo.

Lembro unha reflexión que fixo unha coordinadora doutro dos centros:

- Os rapaces teñen que sentir un control.

Ocórrenseme máis cousas agora pero non quero aburrir, así que vou cerrar este texto cunha cita coa que reflexiono sobre o contexto que extraio dun texto que lía hai un tempo cando estaba máis fondamente, e sen aparente remedio, preocupada pola epistemoloxía:

A relevancia de algo implica que se aparta do seu contrario, senón non sería relevante. Que eu me leve o lápiz á boca, implica que o lápiz teña unha relevancia propia, escribir con el; e así cando o mordín non o recoñecín como tal, senón que o tomei por outra cousa, un caramelo, por exemplo. Tomar o lápiz para escribir con el, implica que o poida tomar como un caramelo. Por tanto a cuestión da súa comparecencia, é só cuestión se se da a alternativa "comparecencia-ocultamento". El concepto de "sujeto" en Platón y Aristóteles. Una aproximación contemporánea.

Chuzame! chuzame -

Fontes de información

If i delete all the cookies temporary files and history can my dad still see what websites ive been to?

Chuzame! chuzame -

Infancia, tecnoloxía e investigación

There's a lot of "user-generated" media in the film: photos and videos that kids have posted online. How did you go about sorting through that content?

Maggio: When we started searching for images from public social networking sites and YouTube accounts to use in the film, it felt pretty much like jumping into an ocean. It's really difficult to sum up the vastness of what's out there online -- the incredible amount of pictures, videos and words posted constantly by every conceivable type of kid. Building an archive of this material was dramatically different from traditional documentary archival research. It was all just a matter of plunging in and digging around, with no structured method or tactic. Growing up online

Chuzame! chuzame -

Gigerenzer, Gerd

La transitividad y la independencia son ideales lógicos. Y ellos son relevantes en algunas situaciones. Pero uno no debiera dejarse seducir en creer que estos son principios universales de la conducta racional. Aquí hay dos razones. Primero, hemos demostrado que heurísticas rápidas y frugales que ocasionalmente resultan en juicios intransitivos pueden proveer predicciones más precisas que un modelo lineal que nunca viola la transitividad. Aquí, uno puede muy bien preferir mejores predicciones con intransitividad ocasional. Segundo, violaciones de consistencia o transitividad son normas ciegas a los contenidos, que pueden o no ser irracionales en el mundo real. Tal como Amartia Sen ha argumentado, para decidir si la consistencia es racional o no, uno tiene que primero empezar con psicología, tales como la motivación y los valores sociales. Una visión ecológica del razonamiento humano

"La ignorancia total es inútil. Si no conoces nada, no tienes capacidad de identificar nombres. Pero, si conoces demasiados nombres, tampoco puedes aplicar la técnica del reconocimiento". La ignorancia contiene mucha sabiduría

Decisiones instintivas: La inteligencia del inconsciente. Gigerenzer, Gerd

Chuzame! chuzame -

Psicología y Pedagogía

 ...múltiples formas de acción colectiva por mediación das cales as sociedades se conservan e se transforman, formando a cada xeración no molde estático ou móvil das precedentes, despois fíxaos reflexivamente por medio de organismos estatales ou institucionais particulares segundo os tipos de educación proxectados. Pax. 25.26

O desenvolvemento das operacións intelectuais procede da acción efectiva no sentido máis completo (é dicir, intereses incluídos, o que non significa en absoluto que estes sexan exclusivamente utilitarios), posto que a lóxica é perante todo a expresión da co coordinación xeral das accións; e que esta coordinación xeral das accións implica necesariamente unha dimensión social, pois a coordinación interindividual das accións e a súa coordinación intraindividual constitúen un único e so proceso, ó ser tódalas operacións do individuo socializadas e tendo en conta que a cooperación en sentido estrito consiste nunha realización en común das operacións de cada un. Pax. 87

Non obstante existe un verbalismo da imaxe como hai un verbalismo da palabra e, confrontados cos métodos activos, os métodos intuitivos, non fan máis ca substitúir, cando esquecen a primacía irredutible da actividade espontánea e da investigación persoal ou autónoma do verdadeiro, o verbalismo tradicional por este outro máis elegante e refinado. Pax. 90

 Piaget, J. Psicología y Pedagogía. Crítica B. 2001. ISBN 84-8432-203-3

Hai moito que non poño unha canción. Esta adicolla a Tino e Leti:

Chuzame! chuzame -

Un problema algo <>

Unha xenealoxía de problemas científicos, desde logo, é algo menos impersoal ca unha secuencia de términos teóricos, ecuacións matemáticas ou sistemas axiomáticos. Para poñer en claro este punto debemos levar as nosas cuestións unha etapa máis adiante e preguntarnos que fai dun problema algo <<problemático>>, considerado dende o punto de vista dunha disciplina científica particular. Solo se escavamos ata este nivel máis profundo podemos aclarar por que unha definición adecuada dunha <<disciplina>> non so debe referirse ó obxecto de estudio no que se centran as súas actividades disciplinarias, senón tamén as actitudes profesionais polas que se guían esas actividades.

Para formular o punto en termos xerais: os problemas da ciencia nunca estiveron determinados pola natureza do mundo soamente, senón que xurdiron sempre do feito de que, no campo involucrado, as nosas ideas sobre o mundo están en conflito coa natureza ou unhas con outras. Galileo e Descartes gustaban de describir a tarefa do científico coma a de descifrar, dunha vez por todas, a escritura secreta en que está escrito o Libro da Natureza, para deste modo chegar á <<única estrutura verdadeira>> do mundo natural. Pero isto foi sempre un ideal ou aspiración platónico, máis ca unha simple descrición da tarefa coa que se enfronta a investigación científica, tal como se a leva a cabo. Falando en termos menos oraculares, podemos dicir que a tarefa da ciencia consiste en mellorar as nosas ideas sobre o mundo natural paso a paso, identificando ámbitos de problemas nos que se pode facer algo para diminúir o abismo entre as posibilidades dos nosos conceptos correntes e os nosos ideales intelectuais razoables.

Os cambios de largo alcance e en gran escala, na ciencia coma en outras esferas, non resultan de <<saltos>> repentinos, senón da acumulación de modificacións menores, cada unha das cales foi selectivamente perpetuada en algunha situación problemática local e inmediata. ...

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos. Pax. 159...

Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Chuzame! chuzame -

Esta mañán

Pasei por aquí, aínda que non seguín os tres documentais que se visionaban porque tiña o día "concertado" :) . Dicían os organizadores que lles costou ben conseguir unha aula libre no campus de Pontevedra a pesar de que hoxe é Santa Kata en Ciencias Sociais e en Ciencias da Educación hai acto de graduación. Puideron levalo proxecto a cabo en Fisioterapia (cousas, cousiñas, cousas). Interesábame especialmente o que estaba previsto en primeiro lugar sobre Ferrer i Guardia (fundación), pero so puiden ver parte dun sobre El Pesta (Pestalozzi) do que me queda unha frase: El niño no puede sentir un ambiente relajado sin la presencia de adultos.

E falando de documentais, pensando no traballo de Fírgoa sobre o asunto Díaz Pardo, creo que alguén debería facer un sobre ese tema.

Chuzame! chuzame -

Esa alegre relación cos signos

titulos.JPG

Chuzame! chuzame -

Atent@

O meu amigo Tino de Masoucos preguntoume onte cando pensaba actualizar, e como tódalas preguntas teñen un sustento intentei ver como se alimentaba esta; mirando o calendario deime conta de que non hai días azuis dende o 8 e preocúpame que a comunicación esmoreza por falta de transferencia.

A Tino pareceulle que pensar nos biosbardos non era cousa boa así que me deu un par de belisquiños, e acendeu un par de luces para que espabilara.

Se cadra unha pequena astenia primaveral.

Andei a visitar os colexios da mostra, e teño unhas decenas de miles de items que tratar, fixen ademáis unha moi curta entrevista de aproximación cos coordinadores Tic dos centros que debo escoitar unha e outra vez e debo organizar un grupo de discusión. E teño certo interés en facelo ben.

Anoto unha cita que me interesa moito, (aproveito para dixitalizala):

Como observa o sociologo Norbert Élias : "a noción de función descansa sobre un xuizo de valor subxacente ás explicacióss da noción e ó seu uso. O xuizo de valor consiste no que involuntariamente se entende por función: as actividades de unha parte que serían "boas" para o todo, porque contribúen ó mantemento e á integridade dun sistema social existente...Evidentemente, artículos de fe de tipo social mestúranse aquí coa análise científica"

Armand Mattelart e Michele Matellart. Historia de las teorías de la comunicación.

Paidós Comunicación. Barna. 1996 ISBN: 84-493-0344-3 (na páxina 33)

E outra de Toulmin (xa que estou):

...se a posición filosófica de Wittgenstein é correta, esto significa -(teño unha sobriña que dicicía ignifícase porque pensaba o s era dun reflexivo a min parecíame unha interpretación interesante, que... certo... non ben a conto)- que a linguaxe mesma pola cal se realiza a nosa enculturación solo é intelixible para persoas que comparten suficientemente os nosos modos de vida. Toda a "linguaxe natural" particular, argüe -(¿¡canto había que non poñía unha dierese!?, perdón)-, comprende unha variedade de "xogos da linguaxe"cunha significación que deriva das "formas de vida" das comunidades nas que a devandita linguaxe se aprende, se fala e se usa. En ausencia de "formas de vida" compartidas, a comunicación lingüística debe interrumpirse: "O que debe aceptarse, o dado, son (poderiamos dicir) formas de vida". Así, a filosofía da linguaxe faise parte dunha "historia natural do home" máis vasta. Atoparemos conceptos e categorías universais, representados en tódalas linguaxes e intelixibles para os homes de tódalas culturas, solo na medida en que pautas igualmente universais da súa vida, pensamento e conduta brinden un marco compartido para o seu uso. E a existencia real de tales pautas non pode ser garantida filosóficamente. Pax. 78

Stephen Toulmin. La comprensión humana. I. El uso colectivo y la evolución de los conceptos.

Alianza Universidad. Madrid 1977. ISBN 84-206-2191-9

Di Carmelo Garitaonandia que:

Os nenos e os mozos consideran solo a versión lúdica dos aparatos que manexan con máis asiduidade (televisión, vídeo/dvd, ordenador, consola, xogos electrónicos, walkman, cadea de son, radio). Aínda que o factor de diversión é importante tamén nos teléfonos móviles, no seu uso prima o factor comunicación, como o demostra o feito de que as mensaxes, as chamadas e a localización sexan os aspectos máis valorados e con moita diferencia respeto a outros. Os maiores encontran tamén un uso escolar ó ordenador/Internet, pero incluso estes solo usan estes aparatos tecnolóxicos para xogar ou distraerse. Así, no ordenador, a consola e os xogos electrónicos destaca o seu rol de xogo; o vídeo, a televisión, a radio, o walkman e a cadea de son teñen un rol de entretemento; en ningún deles prepondera a súa aplicación cultural; e solo o ordenador/Internet para os maiores mantén certa asociación con un rol de traballo. As tecnoloxías da información e da comunicación e o seu uso polos nenos e os adolescentes.

¡Estes rapaces... Sempre pensando en xogar...!

Chuzame! chuzame -