[ View menu ]

Archive for 'mediación'

Brillante exposición

Daniel Martí estivo esta mañá na súa liña: Brillante.

Chuzame! chuzame -

¿Donde?

La calle pareció ser el lugar más razonable y allí empezó otro capítulo de nuestro aprendizaje. No es a cualquier hora, ni cualquier día ni en cualquier época o barrio que se encuentran niños jugando por la calle. Apuntes metodolóxicos sobre antropoloxía urbana.

Chuzame! chuzame -

Odisea cara o frío ou os Deuses deben de estar tolos

Y yo me maravillaba de que los que habían de nacer tuvieran que luchar en nombre de los que se fueron, y no podía hallar en ello razón. Pero las gentes decían que así debía ser, y yo no era más que un muchacho.

Una odisea nórdica. Jack London

 

Levo un tempo sen palabras, non é que esté sen ningunha, non. E que as que teño non me valen, non encaixan de forma correta; bueno se cadra é que non quero admitir que non teño nada que dicir, ou que non sei o que quero dicir. Todos os estados son transitorios. Hai que esperar. Así que mentres tanto vou contar como me saia o que me contou a min o meu primo, que ten 15 anos e estudia nun dos colexios da mostra, esta fin de semana.

Tiven sorte con este colexio porque cheguei no medio do proceso de conxelación, que o SIEGA estaba a realizar nos discos duros. O colexio ten dúas aulas de informática, pero á miña chegada unha xa estaba conxelada; digo que tiven sorte porque se me permitiu despois dunha reunión de urxencia convocada mentres tomaba os datos da aula que aínda non estaba conxelada pero que estaba destinada a ser conxelado disco tras disco ó seguinte día. Permitiuseme finalmente, despois da interrupción, continuar o proceso de recollida de datos.

O tema dos discos duros conxelados foi unha das problemáticas atopadas, non son partidaria dese sistema porque dificulta moito o uso de funcións do navegador coma os marcadores, ou favoritos, o propio historial, e a fluidez xa que o equipo está sometido a un constante primeiro encontro coma nun día da marmota e realízanse continuamente procesos repetitivos que non teñen utilidade unha vez que se apaga o equipo. E coma se cada vez que te atopas con un contacto tiveses que facer as presentacións, e logo no próximo encontro non serviran de nada, non se acorda e hai que volver a presentarse. (son as palabras que teño, recoñezo que non son as adecuadas, sintoo moito).
Noutro colexio comentábame o coordinador TIC, que tiñan detectado que algún/s alumn@/s visualizaba/n e facía/n descargas de pornografía dende unha terminal da biblioteca, pese a que sempre había algún mestre supervisando o uso dos equipos. (Respecto á habilidade que teñen os rapaces para evitar o Control parental fálase en Growing up online; e por todas parte da fenda dixital- Estou recapitualando). Cando lle comentou o caso á persona do Siega que revisaba os equipos esta recomendoulle conxelar os discos duros. A min non me parece unha solución, a el tampouco, claro. Nos traballos que levo vendo, a maior preocupación radica en que non se cargue o equipo, que siga en funcionamento. Claro que eso é ben razonable tratándose dunha aula de informática dun colexio, é moi importante que os equipos se manteñan operativos para dar clase. É unha das preocupacións máis significativas para os coordinadores TIC cos que me entrevistei nos centros. Tiñamos deseñado unhas preguntas moi abertas para facer unha e outra vez a modo de exploración para o grupo de discusión. Había por un lado unha que dí ¿Que observacións farías respecto ó uso de internet por parte dos alumnos? e a outra ¿Que observacións farías respecto ó mantemento dos equipos?. Atopo que ambas preguntas conflúen nunha soa resposta moi ó fío da operatividade dos equipos e a súa conxelación.

O problema dos usos é máis observado en relación cos danos materiais que causan no sistema operativo dos equipos e moito menos no que eu considero que é o dano que os contidos poden causar no sistema operativo do propio alumno. E mesmo no ensino, no desenvolvemento das unidades didácticas para a educación sexual, por exemplo, pois ¿non é a pornografía coñecemento previo a ter en conta? e se nalgúns casos as buscas se realizan ó estilo de "tias guarras", ou as páxinas atopadas teñen por título cousas coma "zorras muy zorras" ¿non pode iso causar algunha dificultade á parte da educación en valores relacionada co xénero?. De ser así ¿a educación debería incidir en estes aspectos?. Se así fora un disco duro conxelado non axudaría en moito.

Importante tamén o tema da violencia, -tema no que non paro de pensar por qué resulta gratificante- e non logro entender. Nunha ocasión pregunteille ó meu afillado de 16 anos que me ensinaba uns vídeos jackas por que lle gustaban eses documentos -en vez de documentos usei a palabra vídeos coa maior naturalidade da que fun capaz- non atopou maneira de responderme, nin sequera ergueu os hombros, nen sequera dixo non sei. Quedou sen palabras, creo que nunca se tiña preguntado tal cousa. Aceptei a resposta e manexoa como información na miña procura.

Ía dicindo que en canto a contidos de risco ou virus capaces de danar sistemas operativos e causar malos funcionamentos recoñece por exemplo o Libro Blanco do Consell de l’Audiovisual de Catalunya que:

Contidos de risco son aqueles que entrañan un perigo potencial que pode ou non ter consecuencias directas para certos individuos, pero que, á larga, e considerados estadísticamente, si enxendran danos notorios para a sociedade:

Contidos violentos
Contidos sexistas ou racistas
Contidos pornográficos
Contidos consumistas
Contidos que tenden á corrupción da linguaxe e atentan ás normas de respeto ó outro
Contidos que violan o dereito ó honor, a intimidade e a privacidade das persoas

Diríase que vou recuperando as palabras. E antes que me esqueza debería dicir o que me contaba o meu primo, que era que cos discos duros conxelados, estaban moito máis tranquilos e que non tiñan que preocuparse tanto.

-Como cando usas un ordenador tes que poñer o teu nome, antes podían saber que páxinas visitabas, pero agora non tes que preocuparte porque ó apagarse desaparece todo.

Lembro unha reflexión que fixo unha coordinadora doutro dos centros:

- Os rapaces teñen que sentir un control.

Ocórrenseme máis cousas agora pero non quero aburrir, así que vou cerrar este texto cunha cita coa que reflexiono sobre o contexto que extraio dun texto que lía hai un tempo cando estaba máis fondamente, e sen aparente remedio, preocupada pola epistemoloxía:

A relevancia de algo implica que se aparta do seu contrario, senón non sería relevante. Que eu me leve o lápiz á boca, implica que o lápiz teña unha relevancia propia, escribir con el; e así cando o mordín non o recoñecín como tal, senón que o tomei por outra cousa, un caramelo, por exemplo. Tomar o lápiz para escribir con el, implica que o poida tomar como un caramelo. Por tanto a cuestión da súa comparecencia, é só cuestión se se da a alternativa "comparecencia-ocultamento". El concepto de "sujeto" en Platón y Aristóteles. Una aproximación contemporánea.

Chuzame! chuzame -

Fontes de información

If i delete all the cookies temporary files and history can my dad still see what websites ive been to?

Chuzame! chuzame -

Infancia, tecnoloxía e investigación

There's a lot of "user-generated" media in the film: photos and videos that kids have posted online. How did you go about sorting through that content?

Maggio: When we started searching for images from public social networking sites and YouTube accounts to use in the film, it felt pretty much like jumping into an ocean. It's really difficult to sum up the vastness of what's out there online -- the incredible amount of pictures, videos and words posted constantly by every conceivable type of kid. Building an archive of this material was dramatically different from traditional documentary archival research. It was all just a matter of plunging in and digging around, with no structured method or tactic. Growing up online

Chuzame! chuzame -

Esa alegre relación cos signos

titulos.JPG

Chuzame! chuzame -

Proceso de busca

Para Kuhlthau (1991), el concepto de construcción personal, apoya la hipótesis de la búsqueda de información como un proceso de construcción que inicia con incertidumbre y ansiedad. De un estado cognitivo de incertidumbre con respecto a un problema se origina una incertidumbre emocional. Esta hipótesis forma un modelo que consta de seis etapas:
(1) Iniciación— el estudiante inicia una sesión de búsqueda. Tarea: debe ‘reconocer una necesidad de información’; prescripción de información: busca los 'antecedentes de información’.
(2) Selección— el estudiante selecciona un área general de interés. Tarea: debe ‘identificar y seleccionar un tema general’; prescripción de información, busca ‘información relevante’.
(3) Exploración— el estudiante explora material para su área de interés. Tarea: debe ‘investigar la información sobre el tema general en función de ampliar su conocimiento general’, prescripción de información; busca ‘información relevante’.
(4) Formulación— el estudiante formula un tema o un enfoque específico. Tarea: debe ‘formarse un enfoque desde la información’; prescripción de información: busca información/enfoca lo relevante’.
(5) Colección— el estudiante recupera materiales sobre el tema o enfoque. Tarea: debe ‘reunir información relacionada con el tema o enfoque’; prescripción de información: busca ‘información relevante’.
(6) Presentación— el estudiante presenta el trabajo terminado. Tarea: debe ‘terminar la exploración y preparar la presentación de las conclusiones’; prescripción de información: busca ‘el enfoque relevante de la información’. Los procesos de búsqueda de información

Necesidade, relevancia, enfoque e discriminación.

Chuzame! chuzame -

Buscas en Google

ostias2.jpg

No noso periplo polos colexios públicos imos atopando buscas interesantes, ostias  é unha das que nos chaman a atención e ocorreuseme mirar en google trends a evolución desta busca. Creo que se cadra a alguén máis lle pode resultar interesante.

Chuzame! chuzame -

Usos de internet dende colexios públicos III

"Neno nace o home. O seu poder está no seu desenvolvemento".

"Non é tarea fácil educar xóvenes, adiestralos, en cambio, é moi sinxelo."

Rabindranath Tagore 

Eu sempre penso que nunca é demasiado tarde, pero calquera momento anterior é aceptable.

Luis Pereira de Literacia dixital achéganos unha pregunta Computadores ajudam... ou prejudicam a aprendizagem?  e invitanos a ler un artigo que remata así:

"O ordenador non é unha ferramenta neutra". "Como o computador é bom para nós, professores, por exemplo, tendemos a achar que ele é útil para todos. Mas ele não é uma solução mágica para a educação"

De certo, o ordenador sitúase no medio e medio da comunicación, dentro da comunicación, arredor da comunicación.

Esta mañá visitei o CPI Domingo Fontán, en Portas "temos un problema moi grande con internet e é que aquí non chega o ADSL e estamos cunha velocidade moi lenta, estamos algún día... incluso esta semana chegamos a estar a 17 kb e é imposible traballar" -contábame o director do centro. Dicíame tamén que hoxe en día teñen moita competencia para conseguir a atención dos rapaces e o uso das tecnoloxías consiguen motivalos mellor cara os contidos e "hai moitos recursos pero se queres botar man deses recursos e non hai velocidade non facemos nada."

Chuzame! chuzame -

Usos de internet dende colexios públicos II

Necesitaba definir búsqueda de información, para este traballo e intentei facelo seguindo os criterios da metodoloxía empregada para o informe de Unicef ¿Autorregulación? Y más dado qué constitúe un punto de arranque para este traballo.

A forma de abordar a análise das páxinas e servicios analizados toma como punto de partida a situación figurada da navegación dun neno en Internet. Os investigadores intentaron adoptar un punto de vista similar ó que se obtería desde la mirada dun neno ou unha nena e foron conscientes das dificultades existentes para explora-las páxinas e productos seleccionados

....

O noso estudio aborda por tanto a análise de conversacións asíncronas (foros) e síncronas (chats). Ambos espacios de comunicación seleccionáronse a través
de búscas en Google con térmos específicos como “foros niños” e “chats niños”, escollendo sempre aqueles que foran de aceso aberto. ¿Autorregulación? Y más.

Lendo este texto, lembrei un artigo que empreguei para un traballo do que publiquei as conclusións hai tempo e vénme á cabeza os resultados de Garitaonandia e Garmendia que xa se mencionou neste blog. Dos que extraio os textos seguintes:

-“Entras a mil juegos y juegas gratis, ahí” (chica, 15 años, Bilbao).
-“Yo juego en diez… Hay diez juegos de cada tema… Pues están los típicos juegos clásicos, el Paco, el comecocos, Mario Gross… hay diferentes clases” chica, 16 años, Sevilla)
- “Yo no me meto en el Terra porque no me fío… yo prefiero que yo sepa quién eres tú… y tú me das tu Messenger y yo hablo contigo… No sabes la gente que ay (en el chat)… y yo prefiero saber con quién estoy hablando… y que es gente que conozco de verdad” (chica, 16 años, Sevilla).
- “Yo no me suelo conectar a un chat… no me gusta… alguna vez me he
conectado con mis amigas…todas, somos cinco, de 24 años… Y vamos
inventando las cosas… porque no puede ser que todos los (chicos) que estén conectados sean altos, rubios y con los ojos azules” (chica, 13 años, Barcelona).

-“Yo con 8 años… yo solo… empezaba por lo típico… bajar cosas de Internet… más de una vez jodí el ordenador.. y ya está… cuando se me rompía el ordenador lo arreglaba mi padre” (chico, 14 años, Valencia).
-“Desde que era bastante pequeña… que había ordenadores en casa… algunas cosas leyéndolas yo… en clase de Informática… aprendía yo sola… algunas cosas me enseñó mi hermano” (chica, 16 años, A Coruña).
-“Mi hermana me enseñó el Messenger y luego ya yo sola” (chica, 17 años, Sevilla).

-“Voy a la Wikipedia, y me lo ligo todo. Escribo el tema, miro las faltas, y le
pongo el corrector” (chica, 12 años, Barcelona).
- “Yo busco la información en el Google, la paso al word, lo voy leyendo y las
frases que no son importantes las voy entresacando, no sé, voy haciendo así”.
(chica, 13 años, Barcelona).
- “Yo Internet utilizo para buscar trabajos hechos… y ya está, luego los cambio
un poquillo… lo busco en Google… y lo extiendo más” (chico 15 años,
Valencia).
-“… Y si no encuentro lo que quiero en el Google, voy al rincondelvago.com.
Corto y pego” (chica, 16 años, Sevilla).
-“Yo no sé. En Wikipedia, por ejemplo. Porque en mi clase hay mucha gente que
utiliza el rincondelvago.com y son todos los trabajos iguales” (Otra chica, 16
años, Sevilla).

Volvía a preguntarme o mes pasado quen era en realidade o neno; non sei se me explico; as representación social que se reflexa no estudio de Unicef correspóndense coa representación do neno vulnerable de Gómez Espino e Blanco López ou cando menos fai unha representación de escasa pericia que non se corresponde coa autoimaxe que devolve o estudio de Garitaonandia e Garmendia. As primeiras declaracións indican que os suxeitos da mostra non buscan os xogos senón que teñen puntos de destino fixos e coñecidos de antemán á hora de xogar. Por outra banda as declaracións referentes ós chats revelan actitudes reacias cara os chats que sen embargo deben estar fundamentadas na experiencia; unha experiencia que segundo os propios rapaces se adquire de forma autodidacta e sen supervisión pero sempre existen contactos iniciais que a miúdo son tutelados por pares que son previos o ensino formalizado. ¿Que mirada lle dedicaremos?

Volvendo ó tema das buscas; como o informe non me ofrecía unha solución continúo a busca e polo de pronto traballo con esta definición.

Internet como ferramenta de búsqueda de información: autonomía e adaptación ás necesidades.
Entre os usuarios emerxe outro importante rango de usos que posicionan a Internet como base informativa e documental. Desde averiguacións "personais" para o disfrute do tempo de ocio hasta buscas de información altamente especializada no ámbito laboral.
Os usuarios reconocen que Internet, como ferramenta de busca de información, aporta autonomía, é dicir, independencia frente a un interlocutor (teleoperador, vendedor, p.e) que non sempre é atento, accesible ou está ben informado. Adicionalmente, esta vantaxe permite buscas máis "relaxadas" e "libres".
"É un proceso independente porque falo ti todo, dache autonomía, non tes que molestar a ninguén, é máis individual, máis eficaz... Tes moita privacidade porque tes acceso a moitos temas e non tes que dar contas a ninguén".
Un rasgo importante do uso da rede como base de información/documentación é a participación activa do que busca. Neste aspecto, Internet ten diferencias importantes con outras canles de marketing ou de comunicación co cliente como a televisión, p.e. Os usuarios ó actuar como suxeitos activos acotan a área e o tempo de busca e autodefinen a cantidade e a calidade de información que consideran "satisfactoria". Por eso, en xeral, Internet percíbese como unha "canle personalizada", que se adapta ás necesidades dos usuarios. Esquemas de Uso de Internet desde el análisis del Usuario. Ventajas como Canal de Negocio.

Xunto coa de recuperación:

A recuperación de información é o seguinte paso á determinación das necesidades de información. Podes recuperar a través de diferentes ferramentas: bases de datos, Internet, tesauros, ontoloxías, mapas... Coñecer e manexar estas ferramentas contribúe a unha recuperación de calidade. Búsqueda e recuperación da información.

Paréceme aceptable de momento, pero se me podes suxerir outras definicións ou matices, son recepción en estado puro.

Chuzame! chuzame -