mitos que traen asimilados as xeracións dixitais
Falaba Daniel en xuño do ano pasado dos "mitos que traen asimilados as xeracións dixitais". Nestos días tamén o concepto nativos dixitais aparece entre signos de interrogación aquí e alá. Eu sigo sen entender ben algúns conceptos, por exemplo, cidadán dixital e leo signos que non son quen de interpretar coma "el hecho digital" faiseme demasiado vago.
¿Modifica dixital a cidadán do mesmo xeito que modifica por exemplo a fotografía? Diría que non.
Como nestes días tamén estou a ver máis a fondo o funcionalismo teño máis activas as funcións que se lle atribúen ós medios de comunicación, e leo “la gente hace lo que la interfaz le sugiere” sen deixar de preguntarme se os usuarios se apropian do medio ou é o medio o que se apropia dos usuarios. E como unha das funcións dos medios di Lasswell que é interpretar acontecementos aportando suxerencias de como reaccionar ante os mesmos, non é de extrañar que sempre hai quen diga como hai que usar as novas tecnoloxías.
Tamén, me disperso con outras cousas coma por exemplo este post sobre a semana da pseudo-ciencia, venme á actualidade agora que o becerro de ouro sofre de encefalopatía esponxiforme ou mal de Creutzfeldt-Jakob.
Como o pensamento cambia e convive con outros pensamentos levando ó ser humano a librar grandes batallas non me queda máis ca pensar que teño que concentrarme máis e deixar de preocuparme por cousas que non teñen case nada que ver coa miña tese.
Despois de revisar o funcionalismo, diría que toda a teoría da comunicación que manexamos está condicionada pola conceptualización iniciada, moitas veces observo que a preeminencia que o emisor ten no modelo que iniciou a investigación lévanos na actualidade a entender que a recepción é moito menos comunicación que a emisión. Esa forma de conceptualizar e entender a comunicación ten un grande peso na apropiación tecnolóxica adulta, pero non estou segura de que afecte tanto ás xeracións máis novas xa que se dice que prefieren usar aplicacións nas que os textos, mensaxes, informacións non están escritos. Algúns modelos de negocio vencellados a internet parecen entender perfectamente que o comunicador é o que pon en comunicación e non o que produce a información.
Evidentemente paréceme que non é razonable asimilar os uso infantil e adolescente (lúdico ou educativo) co uso por idades máis avanzadas (lúdico, formación non obligatoria, e profesional) xa que estes responderán á resolución de intereses e motivacións completamente distintas. Tampouco me parece razonable pensar que os usos se estabilizarán nos individuos permanecendo ó longo da súa vida, realmente nesto ultimo espero ter toda a razón...
chúzame - 