[ View menu ]

Archive for 'pedagoxía'

¿Donde?

La calle pareció ser el lugar más razonable y allí empezó otro capítulo de nuestro aprendizaje. No es a cualquier hora, ni cualquier día ni en cualquier época o barrio que se encuentran niños jugando por la calle. Apuntes metodolóxicos sobre antropoloxía urbana.

Chuzame! chuzame -

Psicología y Pedagogía

 ...múltiples formas de acción colectiva por mediación das cales as sociedades se conservan e se transforman, formando a cada xeración no molde estático ou móvil das precedentes, despois fíxaos reflexivamente por medio de organismos estatales ou institucionais particulares segundo os tipos de educación proxectados. Pax. 25.26

O desenvolvemento das operacións intelectuais procede da acción efectiva no sentido máis completo (é dicir, intereses incluídos, o que non significa en absoluto que estes sexan exclusivamente utilitarios), posto que a lóxica é perante todo a expresión da co coordinación xeral das accións; e que esta coordinación xeral das accións implica necesariamente unha dimensión social, pois a coordinación interindividual das accións e a súa coordinación intraindividual constitúen un único e so proceso, ó ser tódalas operacións do individuo socializadas e tendo en conta que a cooperación en sentido estrito consiste nunha realización en común das operacións de cada un. Pax. 87

Non obstante existe un verbalismo da imaxe como hai un verbalismo da palabra e, confrontados cos métodos activos, os métodos intuitivos, non fan máis ca substitúir, cando esquecen a primacía irredutible da actividade espontánea e da investigación persoal ou autónoma do verdadeiro, o verbalismo tradicional por este outro máis elegante e refinado. Pax. 90

 Piaget, J. Psicología y Pedagogía. Crítica B. 2001. ISBN 84-8432-203-3

Hai moito que non poño unha canción. Esta adicolla a Tino e Leti:

Chuzame! chuzame -

Esta mañán

Pasei por aquí, aínda que non seguín os tres documentais que se visionaban porque tiña o día "concertado" :) . Dicían os organizadores que lles costou ben conseguir unha aula libre no campus de Pontevedra a pesar de que hoxe é Santa Kata en Ciencias Sociais e en Ciencias da Educación hai acto de graduación. Puideron levalo proxecto a cabo en Fisioterapia (cousas, cousiñas, cousas). Interesábame especialmente o que estaba previsto en primeiro lugar sobre Ferrer i Guardia (fundación), pero so puiden ver parte dun sobre El Pesta (Pestalozzi) do que me queda unha frase: El niño no puede sentir un ambiente relajado sin la presencia de adultos.

E falando de documentais, pensando no traballo de Fírgoa sobre o asunto Díaz Pardo, creo que alguén debería facer un sobre ese tema.

Chuzame! chuzame -

Neoliberalismo e educación

“el conocimiento no es nada en nuestras sociedades y economías de cambio vertiginoso, es sólo un producto perecedero. Lo que aprendemos hoy queda obsoleto o es superfluo mañana."

Entonces?

Si todos los saberes fuesen tan fugaces como creen algunos apóstoles de la innovación a toda costa, ¿qué contenidos pueden nuclear la enseñanza escolar? Los conocimientos instrumentales, responden, y con mayor preferencia al lema, que entendido con simpleza puede hacer estragos: “Aprender a aprender”.
David Medina e Luis Gómez Llorente: Neoliberalismo e educación

Chuzame! chuzame -

Usos de internet dende colexios públicos III

"Neno nace o home. O seu poder está no seu desenvolvemento".

"Non é tarea fácil educar xóvenes, adiestralos, en cambio, é moi sinxelo."

Rabindranath Tagore 

Eu sempre penso que nunca é demasiado tarde, pero calquera momento anterior é aceptable.

Luis Pereira de Literacia dixital achéganos unha pregunta Computadores ajudam... ou prejudicam a aprendizagem?  e invitanos a ler un artigo que remata así:

"O ordenador non é unha ferramenta neutra". "Como o computador é bom para nós, professores, por exemplo, tendemos a achar que ele é útil para todos. Mas ele não é uma solução mágica para a educação"

De certo, o ordenador sitúase no medio e medio da comunicación, dentro da comunicación, arredor da comunicación.

Esta mañá visitei o CPI Domingo Fontán, en Portas "temos un problema moi grande con internet e é que aquí non chega o ADSL e estamos cunha velocidade moi lenta, estamos algún día... incluso esta semana chegamos a estar a 17 kb e é imposible traballar" -contábame o director do centro. Dicíame tamén que hoxe en día teñen moita competencia para conseguir a atención dos rapaces e o uso das tecnoloxías consiguen motivalos mellor cara os contidos e "hai moitos recursos pero se queres botar man deses recursos e non hai velocidade non facemos nada."

Chuzame! chuzame -

Crátilo 438a

Sócrates: Así, pois, se é moi posible aprende-las cousas polos nomes, pero tamén por elas mesmas, ¿cal desas duas aprendizaxes sería a máis fermosa e a máis segura? ¿Aprender, a partir da imaxe, a imaxe mesma e se é correta, e, á vez, a verdade da que ela é imaxen; ou, a partir da verdade, aprende-la mesma verdade e se a sua imaxe foi realizada de forma correcta?

Cratilo: Paréceme a min que é preciso partir da verdade.

Sócrates: Por conseguinte, chegar a saber de qué forma haixa que aprender ou descobrir ós seres quizáis sexa tarea superior ás miñas forzas e ás tuas. Debemos, sen embargo, felicitarnos de ter convido en que non hai que partir dos nomes, senón que hai que aprender dos seres e indagalos por eles mesmos, moito mellor que a partir dos nomes.

Selección de Textos de Cratilo o del lenguaje de Platón. *Cheguei dende Wikipedia

 

Chuzame! chuzame -

Nada é o mesmo

Recibía onte de Enfocarte un poema de Angel González (é bonito recibir un poema, hai un tempo alguén me entregaba un case a diario -espero que o teu pai se atope ben); dice o poema:

Nada es lo mismo

La lágrima fue dicha...

 

 

Olvidemos
el llanto
y empecemos de nuevo,
con paciencia,
observando a las cosas
hasta hallar la menuda diferencia
que las separa
de su entidad de ayer
y que define
el transcurso del tiempo y su eficacia.

 

¿A qué llorar por el caído
fruto,
por el fracaso
de ese deseo hondo,
compacto como un grano de simiente?

 

No es bueno repetir lo que está dicho.
Después de haber hablado,
de haber vertido lágrimas,
silencio y sonreíd:

 

Nada es lo mismo.
Habrá palabras nuevas para la nueva historia
y es preciso encontrarlas antes de que sea tarde.

Nada é o mesmo, hai palabras novas e tamén novos nomes para Juanito Laguna no século XXI, pero esta vez non llos pon Berni senón os alumnos da Escuela Manuel Belgrano de Bandfield dos que teño noticia a través de Educar.

Outra versión de Juanito Laguna remonta un barrilete.

Fala tamén de Juanito Laguna Belén Gaché faime sorrir ese dito que menciona:

Existe un dicho que señala que los peruanos descienden de los incas, los mexicanos descienden de los aztecas o los mayas y los argentinos descienden del barco.

Tamén Enfocarte inclúe un pensamento de Felix Guattari neste número:

...nunca se puede disociar los procesos maquínicos de las estructuras de reterritorialización -para adoptar un lenguaje más complicado, sofisticado o pedante, no sé. La cuestión de la construcción de expresión, de la construcción maquínica -que cambia los hechos, que los actualiza, que impulsa nuevas referencias, nuevos universos- es inseparable de la cuestión de los territorios o de los «cuerpos sin órganos» sobre los cuales se inscriben, se marcan, se encarnan los devenires maquínicos, los procesos incorporales. Pero es precisamente ahí donde encontramos toda la ambiguedad del territorio, de la desterritorialización y de las reterritorializaciones. Felix Guattari

E tamén:

...existen múltiples elementos de expresión que no pasan por el lenguaje tal como es fabricado por la escuela, por la universi­dad, por los medios de comunicación de masas y por todas las formaciones de poder. La expresión del cuerpo, la expresión de la gracia, la danza, el ries­go, la voluntad de transformar el mundo, de circular, de codificar las cosas de otro modo, son lenguajes que no se reducen a pulsiones cuantitativas, globales. Constituyen la diferencia. Las generaciones jóvenes, en su modo de ver, sentir y expresar, tienen cadenas semióticas, sistemas cada vez más elaborados. Mi abuelo, cuando hablaba por teléfono, no se sentía cómodo. Yo tampoco, cuando tengo uno de esos gadgets tecnológicos en las manos. Para chicos de cinco o seis años de edad eso no es un problema. Es decir, estas formas de lenguaje afectivo no son algo parecido al buen salvaje o al retorno a la naturaleza de Rousseau.

Chuzame! chuzame -

¿Existe unha literatura para nenos?

Por lo que a mí respecta, volvería a tomar gustosamente la pluma y me pondría a trabajar de nuevo en mis otras novelas, El Rey de los Alisos, Los meteoros, Gaspar, Melchor y Baltasar, para obtener versiones más puras de ellas, más rigurosas, más diamantinas, hasta el punto de que... incluso los niños pudieran leerlas. Si no lo hago no es por natural pereza —puesto que para ello habría que realizar un trabajo inmenso—, sino porque no serviría para nada. Los adultos no leerían esos "libros para niños" y los niños tampoco, dado que ningún editor de "obras infantiles" aceptaría esas novelas que escapan a sus "normas".

Este concepto de "incluso los niños" ha llegado a tener para mí una importancia capital y diría que hasta tiránica. Se trata de un ideal literario al que aspiro sin lograr —salvo una excepción— alcanzarlo. A riesgo de chocar a algunas personas, voy a decir lo que pienso: a Shakespeare, Goethe y Balzac se les puede tachar de una imperfección a mi juicio imperdonable: la de que los niños no puedan leerlos.

...

 Hay en algunas obras maestras —y por ello figuran en primera línea de la literatura universal— una incitación a crear, un contagio del verbo creador, una puesta en marcha del proceso inventivo de los lectores. Yo confieso que para mí esa es la cumbre del arte. Paul Valéry decía que la inspiración no consiste en el estado en que se encuentra el poeta cuando escribe, sino en el estado en que el poeta que escribe espera poner a su lector. Pienso que de tal afirmación cabría hacer el fundamento de toda una estética literaria.Pero ¿no equivale esto a esperar que una obra de arte posea ante todo una determinada virtud pedagógica? Montaigne decía que enseñar a un niño no es llenar un vacío sino encender un fuego. Creo que no se podría pedir más. En cuanto a mí, lo que he ganado es cierta llama que veo a veces brillar en los ojos de mis jóvenes lectores, la presencia de una fuente viva de luz y de calor que se instala de ahora en adelante en un niño, encedida por la virtud de mi libro. Recompensa rara ésta, y que no tiene precio, a todos los esfuerzos, a todas las soledades, a todos los malentendidos.

Michel Tournier. Imaginaria

Chuzame! chuzame -

Estou de volta

Retorno dun descanso se cadra inmerecido, no que transcorreu un tempo que endexamáis recuperarei para outros usos, por que lamentablemente o tempo non é acumulable e non existe forma de almacenalo,  a non ser en forma de lembranzas (de xeito que che queda coma disecado, case inútil, nocivo se temos en conta que para activar as lembranzas precisamos consumir outros tempos, tempos presentes...).

Esto, o primerio que me atopo neste blog e unha morea de pó, unha chea de enlaces a páxinas porno a modo de comentarios, pido disculpa por iso, é o que ten deixar as portas abertas. Limpei antes de sentarme.

Non me acordaba da cor destas paredes, desconectei de veras.

Pasei tempo cos meus sobriños porque algúns deles viven fóra e so podo velos nas vacacións  de verán e nadal, ás veces na semana santa. Teño dous pequenos de tres e case tres anos, neno e nena conviven moito tempo xuntos e desenvólvense á par. Resúltame moi simpática o uso que fan da linguaxe, os dous din in, iches, iu en lugar de fun, foches, foi. Non intento correxirllo porque no fondo paréceme do máis lóxico. Deberiamos facer cambios nos verbos irregulares. Incluso nas conxugacións; a proposta destes dous suxeitos que se incorporan paseniño á sociedade é apróxima-los imperfectos de tódalas conxugacións; por exemplo facibas, ou dormibas en vez de facías e dormías.

¡Estou pensando en propoñelos para a Academia da Lingua Galega!.

En fin, voltarei a ser a mesma persoa en unha ou dúas anotacións.

Vémonos. 

Chuzame! chuzame -

¿De que falamos?

Frato

Admito sin que sirva de precedente que roubei esta imaxe; hai máis en Atlantia.
Non sei se unha imaxe vale máis ca mil palabras , supoño que depende da imaxe e das mil palabras. De todos xeitos penso que tanto as imaxes coma as palabras teñen valor de seu. Ás veces poden ser intercambiadas cun resultado aceptable, pero cambiar de código sempre conleva unha perdida máis ou menos perceptible, mais ou menos cuantificable, máis ou menos significativa.

Frato é Francesco Tonucci. Á pregunta de María del Carmen Pereira Domínguez ¿Por que cree que hoxe os nenos non xogan tanto? respostaba: Hoxe hai que aproveitar todo o tempo para facer cousas importantes.

As principais preocupacións de Tonucci teñen que ver coa soidade e a falla de autonomía de movemento dos nenos, problemas que propón solucionar multiplicando polo mundo o seu proxecto "Ciudad de los Niños".

Segundo este investigador a soidade é unha enfermedade que sofren os nenos que viven nas cidades ricas; se cadra a soidade é unha patoloxía do sistema de comunicación que se transmite cando non entramos en contacto cos outros seres humanos.

Chuzame! chuzame -