[ View menu ]

Archive for 'pedagoxía'

Estou de volta

Retorno dun descanso se cadra inmerecido, no que transcorreu un tempo que endexamáis recuperarei para outros usos, por que lamentablemente o tempo non é acumulable e non existe forma de almacenalo,  a non ser en forma de lembranzas (de xeito que che queda coma disecado, case inútil, nocivo se temos en conta que para activar as lembranzas precisamos consumir outros tempos, tempos presentes...).

Esto, o primerio que me atopo neste blog e unha morea de pó, unha chea de enlaces a páxinas porno a modo de comentarios, pido disculpa por iso, é o que ten deixar as portas abertas. Limpei antes de sentarme.

Non me acordaba da cor destas paredes, desconectei de veras.

Pasei tempo cos meus sobriños porque algúns deles viven fóra e so podo velos nas vacacións  de verán e nadal, ás veces na semana santa. Teño dous pequenos de tres e case tres anos, neno e nena conviven moito tempo xuntos e desenvólvense á par. Resúltame moi simpática o uso que fan da linguaxe, os dous din in, iches, iu en lugar de fun, foches, foi. Non intento correxirllo porque no fondo paréceme do máis lóxico. Deberiamos facer cambios nos verbos irregulares. Incluso nas conxugacións; a proposta destes dous suxeitos que se incorporan paseniño á sociedade é apróxima-los imperfectos de tódalas conxugacións; por exemplo facibas, ou dormibas en vez de facías e dormías.

¡Estou pensando en propoñelos para a Academia da Lingua Galega!.

En fin, voltarei a ser a mesma persoa en unha ou dúas anotacións.

Vémonos. 

Chuzame! chuzame -

¿De que falamos?

Frato

Admito sin que sirva de precedente que roubei esta imaxe; hai máis en Atlantia.
Non sei se unha imaxe vale máis ca mil palabras , supoño que depende da imaxe e das mil palabras. De todos xeitos penso que tanto as imaxes coma as palabras teñen valor de seu. Ás veces poden ser intercambiadas cun resultado aceptable, pero cambiar de código sempre conleva unha perdida máis ou menos perceptible, mais ou menos cuantificable, máis ou menos significativa.

Frato é Francesco Tonucci. Á pregunta de María del Carmen Pereira Domínguez ¿Por que cree que hoxe os nenos non xogan tanto? respostaba: Hoxe hai que aproveitar todo o tempo para facer cousas importantes.

As principais preocupacións de Tonucci teñen que ver coa soidade e a falla de autonomía de movemento dos nenos, problemas que propón solucionar multiplicando polo mundo o seu proxecto "Ciudad de los Niños".

Segundo este investigador a soidade é unha enfermedade que sofren os nenos que viven nas cidades ricas; se cadra a soidade é unha patoloxía do sistema de comunicación que se transmite cando non entramos en contacto cos outros seres humanos.

Chuzame! chuzame -

un espacio de interrelación para reflexionar

Profesorado, escuela y Web 2.0, un espacio de interrelación obligado baixo este título recóllese o relatorio dos profesores Javier Barquín Ruiz e Manuel Fernández Navas no IX Congreso Ibercom.

Resulta complicado ler o texto e detectar a línea que pretende mostrar ou a proposta adaptativa para as novas tecnoloxías á educación. Atopo o discurso decididamente desestructurado e pouco claro na exposición.
Extraio da lectura que os relatores consideran positivo e necesario adaptar a educación ás novas tecnoloxías aínda que recoñecen que existe grande dificultade para conseguilo, debido maiormente á reticencia dos docentes a aplicar as novas tecnoloxías (fundamentadas na escasa formación dos mesmos e a dificultade de xestión do curriculo), o inclumplimento das expectativas en materia de infraestructura tecnolóxica, e a consolidación dun método claro para a implementación das TIC na aula.

"El profesorado necesita conectar con un público que demanda otros estilos de aprendizaje..."

Dende que observo o debate sobre a introducción das TIC na educación non teño constancia real dunha demanda manifesta por parte do alumnado para ser extrictos deberíamos plantexar a cuestión doutro xeito afirmando que parte da comunidade de educadores, comunicadores e administracións consideran a necesidade de aplicar as novas tecnoloxías ó ensino.
Os autores citan en unha parte do discurso a Pérez Gómez:

“ la economía del conocimiento requiere que la información circule por todas partes, convirtiéndose en mercancía. Pero esta información que circula es información no elaborada, sin contrastar, información que no está sometida al debate, a la revisión. El conocimiento es un escalón superior. Es dar sentido, contrastar, revisar, valorar y elaborar esa información. Y, esa, debe ser una de las principales tareas de la escuela: dar herramientas a los alumnos/as para transformar la información en conocimiento”.

Non entendo moi ben se trata de introducir un novo argumento no discurso citando a este autor ou desvirtuar o valor das informacións ás que o alumno pode ter acceso a través da rede. Dende o meu punto de vista o autor citado argumenta sobre a circulación da información como unha mercancía nun sentido económico máis ca educativo e por outra banda considero que a transformación da información en coñecemento so pode producirse nunha ferramenta que os alumnos teñen de seu: o cerebro. Concordo con César Coll e Isabel Soler en "Aprendizaje significativo y ayuda pedagógica" (Cuadernos de Pedagogía, 168 16-20) en que a aprendizaxe non debe ser asimilada á acumulación de información e non debemos esquecer que é non se acuñaría o termo xeración copiar e pegar sen a contribución da tecnoloxía informática.

Con respecto ó punto relativo ós mestres fálase de:

"docente que tradicionalmente ha sido entendida bajo determinados rasgos: docente como administrador y “propietario” del conocimiento, exposición magistral de contenidos (sobre todo en Secundaria), trabajo con papel y lápiz del alumno, seguimiento del libro de texto, cuaderno de actividades del alumno, etc".

Se ben se admite a existencia desta figura tamén se reconocen outros modelos educativos non autoritarios en épocas bastante alonxadas das novas tecnoloxías, podemos afirmar que o feito de non usar internet na aula non implica necesariamente un modelo educativo autoritario e incluso que o uso das TIC nas aulas non garantiza un modelo non autoritario en verbas dos propios autores:

"Parece que actualmente el ordenador es visto por el profesor como un medio de reforzar su discurso. Hace falta potenciar lo colaborativo".

Con respecto ó uso de portales "que facilitan al profesorado contenidos, gráficos, mapas e incluso ejercicios de autocorrección sobre toda una materia y para el curso escolar completo", considero que o profesor debe estar cualificado e ter liberdade para elixir e elaborar el mesmo os materiais cos que ensinar ó alumno.
Por outra banda voltando á aprendizaxe significativa e tratando o tema da capacitación dos docentes en TIC coincidimos en que os "alumnos saben manejarse mejor y conocen todos los trucos" e cito de novo a Coll e Solé:

"Sin menospreciar en absoluto la importancia del nivel evolutivo, de lo dicho hasta aquí se infiere que la capacidad del alumno para aprender significativamente un nuevo contenido está en gran parte determinada por sus experiencias previas de aprendizaje -entre las cuales las que se han producido en el contexto escolar ocupan ocupan sin duda un lugar destacado (e aquí discrepo para o caso que nos ocupa)-y por los conocimientos adquiridos en el transcurso de los mismos".

Considero neste sentido que existe grande dificultade para que os mestres con menos coñecementos ca os alumnos poidan inducilos a un salto cognitivo e por tanto que a reticencia dos mestres está fundamentada na responsabilidade e non na irresponsabilidade como se pretende apuntar. Dende o meu punto de vista, parece claro que o argumento para aplicar as novas tecnoloxías á educación non é ensinar ós ós nenos a manexar operativamente as tecnoloxías cousa que xa saben facer mellor ca os adultos.
O profesor Hueso Montón, no seu artigo "Los medios audiovisuales y el hombre al final del siglo" fala do que Román Gubern denomina "iconosfera" ou ecosistema cultural baseado nos intercambios que se dan entre os medios de comunicación, e entre estes e as audiencias, esta iconosfera forma parte do medio ambiente no que se desenvolve o ser humano e o neno debe coñecelo do mesmo xeito que coñece o espacio natural, ou as linguas.
Segundo Hueso:

"Se por unha parte constatamos que o home se atopa sometido á presenza de todo tipo de imaxes en moi diversos momentos da súa vida cotiá (publicidade, prensa gráfica, cómics, televisión, cine, etc.) as cales lle van transmitindo mensaxes moi diversas, parecería lóxico que de xeito paralelo se lle facilitara unha serie de medios para poder interpretar esas imaxes en toda a súa profundidade.
Un dos contrasentidos máis xigantescos en que caiu a sociedade contemporánea foi non facilitar ós seus nenos e xóvenes os medios adecuados para poder valorar esas imaxes con que conviven; ensínaselle a interpretar a palabra escrita, pero non se lles dan os rudimentos mínimos para "ler" as imaxes".

Concordo con estas afirmacións e coa necesidade de incorporar as TIC ós coñecementos que forman parte do curriculo infantil e sen embargo invítome á reflexión (que poden compartir comigo se o desexan) con un apuntamento de Jöel Brée:

"Os resultados que se desprenden dun tratamento da información por un individuo dependen máis ca nada da calidade da interacción que se exercerá entre a natureza dos datos que hai que considerar e as aptitudes estratéxicas da persoa que opera. Para mellorar estos haberá que procurar actuar conxuntamente sobre os dous eixos." (Los niños, el consumo y el marketing. Paidós Comunicación)

Humildemente a Carlos Casares no 5º aniversario da súa morte

Chuzame! chuzame -

TIC no ensino

A finais do primeiro trimestre Xoán propúxonos sumarnos a unha actividade chamada "Audiovisual nas Aulas 2006".
Comezámola en xaneiro e durou sete sesións de dúas clases seguidas nas que tratamos temas dos medios audiovisuais, principalmente o cine. ....Evidentemente, todo se pode mellorar, pero tendo en conta que foi a primeira vez que se fixo no noso instituto, estivo bastante ben.

Esta é a conclusión de Lucía unha alumna de 4º de ESO respecto ó proxecto do Consorcio Audiovisual de Galicia Iniciación ás Novas Tecnoloxías un dos catro programas do proxecto que está a ser implementado de forma experimental nalgúns centros de Galicia.

Reproduzo un cuestionario modelo dunha das unidades didácticas que constitúe unha actividade para o aprendizaxe.

Ti e os teus enredos
¿Utilizas o móbil para outros usos a parte das chamadas e
mensaxes?
¿Cales?
¿Cal é a principal problemática que teñen estas novas utilidades?
¿Usas iTunes como reprodutor de música preferido?
¿Cales son as vantaxes que lle atopas con respecto a outros
reprodutores?

As ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O. identifícan como unha das oito competencias básicas o tratamento da información e a competencia dixital.
O discurso das TIC aplicadas ó ensino é un discurso clamoroso nos medios de comunicación

que se trata de introducirnos en el mundo de la investigación-acción, donde docentes-alumnos/as son protagonistas desde la producción de contenidos y aprendizajes significativos con metodologías innovadoras como pueden ser, en este caso, la utilización de la Web 2.0. educar

Non discrepo en ningún momento da necesidade e utilidade do ensino das novas tecnoloxías como un aspecto máis a coñecer do medio no que nos desenvolvemos, e sen embargo discrepo co tono desgarrador do discurso que parece máis ca unha reflexión unha exhortación desesperada e case agónica.
Ó meu modesto entender docentes e alumnos foron dende sempre protagonistas na producción de contidos e aprendizaxes significativos coma por exemplo os que deron na aparición da Web 2.0, en canto ás metodoloxías innovadoras coas que enlaza o artigo que referencio, non acabo de entender en que medida unha presentación de Power Point pode contribuir a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos, se ben admito que efectivamente pode ser útil para a difusión sexa cal sexa a calidade do contido.
Indudablemente os contidos informativos almacenados en formato dixital, permiten unha maior manexabilidade, e o feito de que a tendencia sexa cara este tipo de almacenamento fai necesario formar ós individuos en este sentido.
Para rematar, cunha reflexión anacrónica, tal vez, pregúntome se deixa de ser importante a interacción humana directa nos procesos de intercambio alumn@-mestre, alumn@-alumn@, tan útiles para o desenvolvemento da competencia social e ciudadana, que tamén recollen as ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O.

Chuzame! chuzame -