Seminario Internet Educativo

Nova EdiciónCartelSeminarioIIEdition

Debido ó acollemento positivo da primeira edición é por mor das persoas que pese ó seu interese, non puideron asistir na primeira edición por non axustarse as datas de celebración ós seus horarios. Temos interese en ofrecer unha segunda edición do Seminario Internet Educativo o vindeiro mes de novembro do 10 ó 12 de novembro de 19:30 a 21:00 horas. Aqueles centros e persoas interesadas poden inscribirse neste enlace.

Agradécese a difusión a aquelas persoas que poidan estar interesadas.

Fin da Actualización

————————————————————————————————

CartelSeminarioInternet

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra Casas das Campás, organiza a través de Área de Extensión Cultural, un curso libre e gratuito (previa inscrición) orientado a explorar os retos que presenta para os axentes educativos a incorporación das TIC nos procesos de ensino aprendizaxe.

Perfil de participantes
Docentes e educadores en formación e en activo que estean interesados en coñecer as prácticas de navegación de usuarios infantís e xuvenís dende centros educativos de Galicia. O perfil do participante é ó dun docente interesado no uso educativo das TIC con ánimo de coñecer e afondar nos procesos e dificultades que os alumnos afrontan para resolver as necesidades de información que se lle presentan na aula.

Programa formativo
O programa constará de 3 sesións:
1. Na primeira farase un análise crítico dos métodos de investigación que sustenta os resultados sobre usos educativos de internet.
2. a segunda sesión invita a refelcionar sobre o alcance e limitacións dos coñecementos obtidos ata o momento en referencia ós usos educativos de internet, indagando nas implicacións que presentan para os docentes e educadores.
3. En última instancia farase unha formación en ferramentas para a observación, seguimento e corrección das prácticas de navegación dos alumnos.

Xustificación
Segundo a UNESCO (2009) o “mapa do coñecemento” elaborado polo Grupo dos países en desenvolvemento da OCDE concluía que despois de décadas de grandes inversións en TIC:

  • Os beneficios derivados destas tecnoloxías non parecen estar suficientemente sustentados por datos.
  • A evidencia sobre o seu impacto real é ambigua o, no mellor dos casos, discutible.
  • Existen diversas fendas de coñecemento
  • Faltan estándares, metodoloxías e indicadores internacionais que permitan medir con maior precisión os beneficios reais das TIC en educación.
  • Ausencia de directrices normalizadas que faciliten la elaboración de indicadores relevantes e comparables.
  • Faltan datos confiables e inequívocos que permitan adoptar políticas decisorias.
  • Limita a capacidade dos elaboradores de políticas para tomar decisións informadas ou mostrar un compromiso coa integración das TIC nos sistemas educativos”.

A incorporación das TIC ó ensino responde a un plan deseñado pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e proxéctase na Unión Europea en 1987, no marco da Axenda de Lisboa, trazado en España a través do Ministerio de Industria Turismo e Comercio articúlase no Plan INGENIO2010 (Piñeiro Castro , 2014). cuxo obxectivo “se poden resumir, a nivel global, no obxectivo de conseguir que o gasto TIC sobre o PIB se sitúe no 7% no ano 2010”. O plan económico implementouse a través do Plan instrumental Avanza e Avanza2 dependentes do MITC e materializouse en Internet na Aula. Ó mesmo tempo as liñas de financiamento en investigación TIC marcaban como punto fundamental sine qua “fomentar o uso das TIC no ensino”.

Aínda que o esforzo institucional para fomentar a penetración das tecnoloxías na educación reverte nun maior uso e frecuencia; os informes PISA máis recentes desvelan escasa capacitación tecnolóxica e non se teñen desenvolto didácticas específicas para a incorporación das TIC. Por isto, cada vez máis autores presentan visións críticas en (ENLACES, 2011; Ramírez Orellana, Martín Domínguez & Clemente Linuesa, 2012; PISA-ERA, 2011, ) e invitan a fundamentar conceptualmente a incorporación das mesmas (Cabero, 2010), indicando que «a integración das TIC en modelos formativos non adecuados, non solo non mellora a aprendizaxe senón que o empeora (Rodríguez, 2011, p.10) e en moitos sentidos xera dificultades para o profesorado como para os alumnos (Gemma, 2013). No contexto creado, a propia Comisión Europea insta ó Grupo de Expertos sobre a Alfabetización Mediática a examinar a situación actual da alfabetización mediática nas escolas dos países representados (Aguaded, 2013) co obxectivo de abordar con maior éxito a incorporación de las TIC a la educación.

Nesta liña, a xornada formativa pretende facilitar o traballo dos docentes aportando unha ferramenta útil para a observancia e desenvolvemento das capacidades e destrezas dos alumnos no uso educativo de Internet. Facilitando a actuación flexible na corrección de posibles GAP xerados polas distintas fendas que se presentan na accesibilidade e no uso das tecnoloxías a través da investigación-acción na aula.

 

Sexamos seri@s por favor. Esto son 15 minutos de investigación.

En primeiro lugar, paréceme aberrante que a xente intente colocar un “test de satisfacción” que lle pasou ós alumnos en clase como traballo de investigación. En segundo lugar, porque o test de como resultado niveis altos de satisfación no alumnado non se pode inferir que o software empregado é unha ferramenta fetén para a aprendizaxe. En terceiro lugar, unha pode ser moi lista (ou listo), pero hai que saír do propio campo e ler un pouco de outros campos sobre todo se se van usar conceptos que lles corresponden -se se vai medir a satisfacción hai que ler antes sobre satisfacción- porque:
a) o grao de satisfacción está ligado á natureza do cerebro que ten como prioridade establecer sinápsis que reduzan o consumo de enerxía e a manter estas xunto cun consumo mínimo o maior tempo posible. A aprendizaxe pola contra consiste en alterar as sinápsis existentes e crear outras novas.
b) hai estudos que apuntan que o grado de satisfación está directamente relacionado coa idade e os máis novos amosan en xeral maiores niveis de satisfacción, concretamente entre os 18 e os 25 que coinciden cos periodos de formación universitaria.
c) a satisfacción medida tanto pode ser real como alucinatoria (esto sábese dende os primeiros balbuceos da psicanálise).

E non esquecerse de ter certa vixilancia sobre outro tipo de factores que poidan intervir, por favor. Que estamos a xerar moito ruído, un pouco de rigor… inda que non sexa moito…

 

 

Si crees que tus alumnos/hijos son nativos digitales, háztelo mirar

Samuel, un chaval de primero de bachillerato que participa en la ponencia, cuenta el uso de las TIC que ha conocido hasta el momento en su instituto: uso de pizarras digitales como proyector para mostrar presentaciones. Sí, espeluznante, pero es la realidad. La pésima gestión de los centros educativos a menudo deriva en el despilfarro del poco dinero que les llega en estos carísimos dispositivos que los profesores no saben usar. Ni sabrán nunca, puesto que no se les va a exigir saberlo, igual que al que autorizó su compra tampoco se le exigirá que desarrolle, evalúe y justifique su implantación. En este país no se evalúa nada ni a nadie excepto a los alumnos, y mal.

Desde el 2006, los profesores estamos obligados por la Ley Orgánica 2/2006 a trabajar la competencia digital en el aula. Pero ¿cómo hacerlo? El cómo no se desarrolló (como que los que escriben las leyes tuvieran la más remota idea, vamos, oiga ¡ni que esto fuera Finlandia!). Así que, todo el mundo: balones fuera.

En fin, inexplicable, injustificable, pero en pleno siglo XXI se gasta mucho dinero en materias utílisimas y necesarias, como la religión, pero temas como las TIC, el pensamiento crítico y divergente o la Economía (recientemente sodomizada en la LOMCE) parece que no son en absoluto necesarios para los futuros adultos que deberían pagar algún día mi pensión (en el fondo, esto es lo que me preocupa, para que negarlo).

Cloud Thinking

A gata coa presa pariu os fillos cegos

Esta frase acostumaba a repetirma miña avoa cando, por facer as cousas demasiado rápido me saían mal. Hai que ver as cousas que se aprenden dos vellos.

Onte esquecín titular a anotación. 224 dixo o sistema que se ocupou por min. É obvio que tiña presa, non traducín o texto nin nada. Unha conversa que tiven onte faime pensar que a maioría das veces non me explico… ben… nada. É unha elección persoal.

224. ¿Serán moitas? ¿Serán poucas?. Teñen utilidade para min. ¿Para alguén máis?. (Esta última non é unha pregunta retórica).

Algúns agradecementos, queren saír de min e viaxar ata destinos coñecidos, outros ata destinos apenas sospeitados, intuídos, bueno pouco claros en realidade. Cometo un exceso, viráme moi ben.

Miña nai, pobre muller. Tódos os días. Non son un texto que pode rehusar ler. Gracias Madre. Padre, sabes que ti nin a metade. O certo, certo é. Os rapaces da familia que acaban explotados como recursos de información. Os pais dos rapaces, que se quedan con eles despois das preguntas que lles fago. ¡É o voso traballo…!

Begoña. Bego. Be. Becho. Begho. Beghoña. ¡Como sufriu este ser a miña relación coa epistemoloxía!. Os meus amigos que teñen a sorte de verme con menos frecuencia, non sofren tanto o monotema no que me convertín. Sorte para eles e non escribirei os seus nomes porque eles xa os coñecen. A ver se organizamos un xantar ou cea.

224. Sin contar esta. (Un home está a dormir na biblioteca diante dun atril cun libro gordo, vai moita calor. Hoxe todo o mundo anda con sono. Eu tamén).

En fin. Empecei a facer graffitis en internet para o seminario Análise e evaluación de recursos dixitais impartido por Daniel Martí (non lle tiro rosas por que non se pinche coas espiñas); no primeiro ano de doutorado, con moito recatamento fixen as primeiras anotacións. O primeiro susto deumo Manuel Pinto. Si señor, foi un susto importante, púxome a tremer, xuroo. Despois de pensalo… bastante… decidín que tiña que seguir coma se Manuel Pinto e os seus lectores non me intimidaran, como fixen coas referencias do meu titor. De tanto pensar que non me intimidaban acabei convencéndome de que era certo. Luis Pereira xa non me deu medo, agora o mesmo paréceme agradable. Os seguintes enlaces, que non é que sexan moitos -asumo que son de calidade- xa son quen de agarralos sen mancarme -máis que nada porque fagoos todos da “da familia“.

Tanto medo perdín, que en novembro do ano pasado ocorreuseme poñer un contador para ver cantos somos máis ou menos os que andamos a construir este espacio, ademáis dos que xa mencionei.

Contador de visitas

 

 

 

 

Bueno, non é que sexamos poucos, e sei que algúns, axudan sen querer, pero cada ún ten a súa responsabilidade en todo isto. Despois xa non me chegou, (por que eu teño moito vicio) e puxen o mapiña. Como antes ou despois tiña que cair nesto direi que algúns podían facer algún comentario algunha vez, aínda que non fora moi constructivo, a ver se espabilamos todos un pouco. Pero sumando os comentarios que fago eu nos blogs que leo, case mellor non digo nada.

Eso si, se nos estamos esquecendo de alguén por favor, teña a ven indignarse e pedilo seu. Non me refiro a Tino que non sae na foto de familia. E se el non sae seguro que hai máis.

Estou lendo algo de Queau, sempre que penso que vou usar unha cita na argumentación da miña tese, pasoa a dixital se estou lendo en papel, despois todo é copiar e pegar. Teño unha:

Ah! pero antes ía a dicir… tiña pensado queixarme de que o autor emprega neste título (Lo virtual) demasiadas metáforas, tantas que obliga a clavar a atención para descodificar. Era algo que me molestou nas primeiras páxinas. Cambiei de idea.

Di:

A cuestión fundamental que se prantexa é, pois a do estatuto exato desa realidade << intermedia>>.

Convirá cuestionarse acerca da natureza profunda das realidades <<virtuais>> para valorar cáles son as vías de exploración artísticas ou científicas máis axeitadas para este novo medio de comunicación.Sería un grave risco contentarse con aprehender as novedades técnicas contando coa boa fe de aqueles que teñen un interés en promovelas, dentro dos actuais marcos ideolóxicos. Tomando o virtual en serio, ¿non iriamos a cair nunha inxenua apoloxía dunha tecnoloxía máis, despois da fibra óptica e a televisión de alta definición?. Non o creemos. O ámbito da simulación virtual é extenso e as súas prolongacións metodolóxicas trastocarán un gran número de ideas asumidas. Este libro pretende catalogar as preguntas que xa se poden prantexar respecto ó virtual ne intentar, nunha segunda parte máis teórica, evaluar as posibles bases de unha estética do virtual.

A estas alturas, parécenos indispensable un esforzo de rigor semántico. En efecto, asistimos a unha proliferación de expresións aproximadas, perezosas e incluso peligrosas por este mesmo laxismo. Por exemplo, parece que expresiones moi xornalísticas como <<realidade artificial>>, <<realidade virtual>> ou incluso <<telepresencia>> fomentan a análise superficial e certa falta de discernimento criteriolóxico, xusto no momento no que máis precisamos instrumentos conceptuais que nos premitan orientarnos no medio das falsas aparencias e os verdadeiros simulacros e nos impidan confundir a ximnasia virtual coa magnesia real.

¡Que tío! ¿non?. Creo que está falando de adultos, concretamente de científicos. ¡Ten cada cousa!…

Hoxe fíxenme con outro libro, vou contar como: entrei na bilioteca e ía solicitar un ordenador, mentres falaba co bibliotecario vin o libro que alguén devolvera e inda non fora de colocado no seu lugar. Faime gracia porque eu non o buscaba. Teño catro en lista de espera, algúns empezados. E dixen vouno levar. A ver que tal está. Titúlase Procesos cognitivos y curriculum. Unha base para decidir lo que hay que enseñar. Elliot W. Eisner. Empeza cunha cita de John Dewey, que tamén me pode valer a min:

Por conseguinte, -(isto tamén o dicía moito Felipe González)– a educación ten que comezar con unha penetración psicolóxica nas capacidades, intereses e hábitos do neno. O seu control ten que levarse a cabo en cada aspecto por referencia a estas mesmas consideracións. Estas enerxías, estes intereses e hábitos hanse de interpretar continuamente, debemos saber o que significan. Hay que traducilos ós termos dos seus equivalentes sociais, e dicir, aquelo de que son capaces baixo o aspecto de servicio á sociedade. John Dewey. Mi credo pedagógico, 1897

Por certo que estos días preguntaba o Profesor Potachov se os sitios educativos deben mostrar publicidade, se eu non fora tan tímida diríalle que si, que deben mostrar publicidade, eu creo que ademáis nas aulas todas ademáis do profesor debería haber un par de comerciais intentando inducir ó consumo de productos e servicios e competindo pola atención dos nenos. Paréceme que a competitividade que se xeneraría entre o profesor e os comerciais daría lugar a sinerxias moi positivas para o sistema educativo. Claro que habería que coidar de non chocar contra os códigos deontolóxicos da publicidade que afectan á infancia como:

“en ningún caso explotará la especial confianza de los menores en sus padres, en profesores, o en otras personas, tales como profesionales de programas infantiles, o personajes (reales o ficticios) de películas o series de ficción”.

Algúns productos por exemplo nen sequera poden poñer publicidade nas inmediacións dos colexios, habería que ver se un blog se considera colexio pero polo demáis… transformar ós alumnos en audiencias… nun vira, vira. E no tocante ó de cubrir os gastos que se le nos comentarios… claro. ¿Quen senón o usuario final? ¿En que sistema vivimos?

Odisea cara o frío ou os Deuses deben de estar tolos

Y yo me maravillaba de que los que habían de nacer tuvieran que luchar en nombre de los que se fueron, y no podía hallar en ello razón. Pero las gentes decían que así debía ser, y yo no era más que un muchacho.

Una odisea nórdica. Jack London

 

Levo un tempo sen palabras, non é que esté sen ningunha, non. E que as que teño non me valen, non encaixan de forma correta; bueno se cadra é que non quero admitir que non teño nada que dicir, ou que non sei o que quero dicir. Todos os estados son transitorios. Hai que esperar. Así que mentres tanto vou contar como me saia o que me contou a min o meu primo, que ten 15 anos e estudia nun dos colexios da mostra, esta fin de semana.

Tiven sorte con este colexio porque cheguei no medio do proceso de conxelación, que o SIEGA estaba a realizar nos discos duros. O colexio ten dúas aulas de informática, pero á miña chegada unha xa estaba conxelada; digo que tiven sorte porque se me permitiu despois dunha reunión de urxencia convocada mentres tomaba os datos da aula que aínda non estaba conxelada pero que estaba destinada a ser conxelado disco tras disco ó seguinte día. Permitiuseme finalmente, despois da interrupción, continuar o proceso de recollida de datos.

O tema dos discos duros conxelados foi unha das problemáticas atopadas, non son partidaria dese sistema porque dificulta moito o uso de funcións do navegador coma os marcadores, ou favoritos, o propio historial, e a fluidez xa que o equipo está sometido a un constante primeiro encontro coma nun día da marmota e realízanse continuamente procesos repetitivos que non teñen utilidade unha vez que se apaga o equipo. E coma se cada vez que te atopas con un contacto tiveses que facer as presentacións, e logo no próximo encontro non serviran de nada, non se acorda e hai que volver a presentarse. (son as palabras que teño, recoñezo que non son as adecuadas, sintoo moito).
Noutro colexio comentábame o coordinador TIC, que tiñan detectado que algún/s alumn@/s visualizaba/n e facía/n descargas de pornografía dende unha terminal da biblioteca, pese a que sempre había algún mestre supervisando o uso dos equipos. (Respecto á habilidade que teñen os rapaces para evitar o Control parental fálase en Growing up online; e por todas parte da fenda dixital- Estou recapitualando). Cando lle comentou o caso á persona do Siega que revisaba os equipos esta recomendoulle conxelar os discos duros. A min non me parece unha solución, a el tampouco, claro. Nos traballos que levo vendo, a maior preocupación radica en que non se cargue o equipo, que siga en funcionamento. Claro que eso é ben razonable tratándose dunha aula de informática dun colexio, é moi importante que os equipos se manteñan operativos para dar clase. É unha das preocupacións máis significativas para os coordinadores TIC cos que me entrevistei nos centros. Tiñamos deseñado unhas preguntas moi abertas para facer unha e outra vez a modo de exploración para o grupo de discusión. Había por un lado unha que dí ¿Que observacións farías respecto ó uso de internet por parte dos alumnos? e a outra ¿Que observacións farías respecto ó mantemento dos equipos?. Atopo que ambas preguntas conflúen nunha soa resposta moi ó fío da operatividade dos equipos e a súa conxelación.

O problema dos usos é máis observado en relación cos danos materiais que causan no sistema operativo dos equipos e moito menos no que eu considero que é o dano que os contidos poden causar no sistema operativo do propio alumno. E mesmo no ensino, no desenvolvemento das unidades didácticas para a educación sexual, por exemplo, pois ¿non é a pornografía coñecemento previo a ter en conta? e se nalgúns casos as buscas se realizan ó estilo de “tias guarras”, ou as páxinas atopadas teñen por título cousas coma “zorras muy zorras” ¿non pode iso causar algunha dificultade á parte da educación en valores relacionada co xénero?. De ser así ¿a educación debería incidir en estes aspectos?. Se así fora un disco duro conxelado non axudaría en moito.

Importante tamén o tema da violencia, -tema no que non paro de pensar por qué resulta gratificante– e non logro entender. Nunha ocasión pregunteille ó meu afillado de 16 anos que me ensinaba uns vídeos jackas por que lle gustaban eses documentos -en vez de documentos usei a palabra vídeos coa maior naturalidade da que fun capaz- non atopou maneira de responderme, nin sequera ergueu os hombros, nen sequera dixo non sei. Quedou sen palabras, creo que nunca se tiña preguntado tal cousa. Aceptei a resposta e manexoa como información na miña procura.

Ía dicindo que en canto a contidos de risco ou virus capaces de danar sistemas operativos e causar malos funcionamentos recoñece por exemplo o Libro Blanco do Consell de l’Audiovisual de Catalunya que:

Contidos de risco son aqueles que entrañan un perigo potencial que pode ou non ter consecuencias directas para certos individuos, pero que, á larga, e considerados estadísticamente, si enxendran danos notorios para a sociedade:

Contidos violentos
Contidos sexistas ou racistas
Contidos pornográficos
Contidos consumistas
Contidos que tenden á corrupción da linguaxe e atentan ás normas de respeto ó outro
Contidos que violan o dereito ó honor, a intimidade e a privacidade das persoas

Diríase que vou recuperando as palabras. E antes que me esqueza debería dicir o que me contaba o meu primo, que era que cos discos duros conxelados, estaban moito máis tranquilos e que non tiñan que preocuparse tanto.

-Como cando usas un ordenador tes que poñer o teu nome, antes podían saber que páxinas visitabas, pero agora non tes que preocuparte porque ó apagarse desaparece todo.

Lembro unha reflexión que fixo unha coordinadora doutro dos centros:

– Os rapaces teñen que sentir un control.

Ocórrenseme máis cousas agora pero non quero aburrir, así que vou cerrar este texto cunha cita coa que reflexiono sobre o contexto que extraio dun texto que lía hai un tempo cando estaba máis fondamente, e sen aparente remedio, preocupada pola epistemoloxía:

A relevancia de algo implica que se aparta do seu contrario, senón non sería relevante. Que eu me leve o lápiz á boca, implica que o lápiz teña unha relevancia propia, escribir con el; e así cando o mordín non o recoñecín como tal, senón que o tomei por outra cousa, un caramelo, por exemplo. Tomar o lápiz para escribir con el, implica que o poida tomar como un caramelo. Por tanto a cuestión da súa comparecencia, é só cuestión se se da a alternativa “comparecencia-ocultamento”. El concepto de “sujeto” en Platón y Aristóteles. Una aproximación contemporánea.

E CON TODO ESTO; ¿QUÉ FACEMOS?

Os equipos están aquí, non hai dúbida, as caixas xa non caben polo corredores…se non fose tan “boa” hasta pensaría que xusto chegan previo paso polas urnas o próximo 9 de Marzo, pero deixando eso a un lado, xa empezan a ser moitas as caras de “ansiedade”. Uns por notar como as TIcs xa aterrizaron, inminentemente, sen volta atrás. Os más incrédulos, porque se negan a remangarse os xerseis e poñerse a APRENDER. Outros porque despois de conectar todos os interruptores e portos USB do mundo queren saber QUÉ facer con eles, e outros porque queremos aprender a responder á gran pregunta:

E CON TODO ESTO; ¿QUÉ FACEMOS?

Pois supoño que algo así como NEGOCIAR, e qué quero decir con esa palabra. Refírome a:

1. non crear falsas expectativas.
2. continuar o noso modo de traballo.
3. introducir as Tics dun modo paulatino.
4. non sentir ansiedade por aprender de golpe.
5. disfrutar do proceso de aprender a usalas.
6. compartir dudas e formación cos nosos compañeiros.
7. preparar e planificar as clases Tic con anticipación.
8. integralas na aula.
9. elaborar e crear novos materiais.
10. reconocer, analizar e saber buscar recursos….

Ben dito por Chus.

Segundo o Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2006-2009 a chegada e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación presenta un reto doble en tanto que se trata de garantir o coñecemento e uso para non xerar unha fenda capaz de crear novos criterios de desigualdade e por outra parte garantir que o uso se produce en situación de seguridade, de xeito que se atopen protexidos ante contidos que poidan resultar perxudiciais para o seu correto desenvolvemento.

Dicía hai uns meses unha estudiante de Benicarló que lle chamaba moito á atención o feito de que fagan incorporar no plan de educación primaria o TIC para que os alunos empecen a utilizar as tecnoloxías dunha maneira crítica, pois, na súa opinión, os cativos sempre son moi despertos e din todo o que pensan pero non cree que poidan ser capaces de ser críticos. Tamén concordo con estas palabras e polo momento creo que nas etapas de desenvolvemento nas que o neno carece de habilidades para a interpretación crítica, correspóndelle a outros máis hábiles realizala por eles.

Boteille un ollo ó Informe sobre a implantación e uso das TIC nos centros docentes de primaria e secundaria 2005 2006 e independentemente dos resultados valoro a estimación de frecuencia de uso por parte dos alunos.

ALTA: Casi todos los días ou varias veces ó semana.
MEDIA: Entre unha vez á semana e unha vez ó mes.

Eu non tería establecido que unha vez ó mes sexa unha frecuencia media, pero iso é unha apreciación persoal.

Cousas vistas hoxe

Por ejemplo, 78 (más del 50%) de los consultados prefieren internet antes que la televisión, la radio o bien los diarios para comunicarse e informarse. Pero, lo que llamó la atención además, -y no es un dato menor ya que da fundamento económico a la existencia de los ciber-, es que de los 150 entrevistados, 62 admitieron estar de 2 a 4 horas diarias en el ciber. 55, una hora; 27 entre 5 y 10 horas y 5, más de 10 horas.

El 40.16 % de los entrevistados utiliza el servicio de Chat. Mientras que, el 24,9% a la red la usan para bajar juegos electrónicos y entretenerse. Sólo el 22,09% admitió que navega por la web para buscar información y el 10,84% por el servicio de correo electrónico.

Otro dato obtenido es que internet es utilizada mayoritariamente por personas menores de 40 años. Las mayores de esa edad no le interesa o bien no acceden por falta de conocimientos mínimos para poder utilizarlo o simplemente porque no les llama la atención. Educar

[gv data=”IJY-NIhdw_4 ” width=”425″ height=”350″][/gv]

En Digizen e Edu.tec

Aínda que sen correspondencia, segue a medrar o meu amor por Canclini. Pasei por educomunicaçao, Manuel Pinto conta o que di Alice Vieira sobre a copia nas escolas (vese moi favorecida polas TIC).

Os profesores empezan a clasificarse non polo uso que fan das tecnoloxías cuantitativa e non cualitativamente falando.

Comprobo que dende máis cerca vense mellor os datos, de lonxe vense moito menos; algunhas cousas son moi mellorables.

Pasei por Comunisfera así remata Daniel Martí a crónica do Congreso Fundacional de AEIC, AEIC está en fase de lanzamento.

Deixo en marcadores cousas coma esta ou esta por se a alguén ten ganas. E etiquetando etiquetando vou notando que perdo o tempo. Calquera comentario a esta anotación viríame que nin pintado.

A propósito dos modelos de pensamento

Ando ahí a darlle voltas, engancho un artigo sobre o pensamento lateral do ano pasado en Chocolate, a principio deste mes falaba dos enfoques de estudio da creatividade Jorge Ojeda.

Apunto esto para non esquecer que me preocupan a relación de potencialidades e limitacións que ten traballar debaixo-dentro dun esquema.

ver máis

El sociólogo Peter Berger estaba en la razón cuando dijo que las ideas “no tiene éxito en la historia en virtud de su verdad, sino que en virtud de sus relaciones con procesos específicos”.  El reencantamiento del mundo.

TIC no ensino

A finais do primeiro trimestre Xoán propúxonos sumarnos a unha actividade chamada “Audiovisual nas Aulas 2006”.
Comezámola en xaneiro e durou sete sesións de dúas clases seguidas nas que tratamos temas dos medios audiovisuais, principalmente o cine. ….Evidentemente, todo se pode mellorar, pero tendo en conta que foi a primeira vez que se fixo no noso instituto, estivo bastante ben.

Esta é a conclusión de Lucía unha alumna de 4º de ESO respecto ó proxecto do Consorcio Audiovisual de Galicia Iniciación ás Novas Tecnoloxías un dos catro programas do proxecto que está a ser implementado de forma experimental nalgúns centros de Galicia.

Reproduzo un cuestionario modelo dunha das unidades didácticas que constitúe unha actividade para o aprendizaxe.

Ti e os teus enredos
¿Utilizas o móbil para outros usos a parte das chamadas e
mensaxes?
¿Cales?
¿Cal é a principal problemática que teñen estas novas utilidades?
¿Usas iTunes como reprodutor de música preferido?
¿Cales son as vantaxes que lle atopas con respecto a outros
reprodutores?

As ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O. identifícan como unha das oito competencias básicas o tratamento da información e a competencia dixital.
O discurso das TIC aplicadas ó ensino é un discurso clamoroso nos medios de comunicación

que se trata de introducirnos en el mundo de la investigación-acción, donde docentes-alumnos/as son protagonistas desde la producción de contenidos y aprendizajes significativos con metodologías innovadoras como pueden ser, en este caso, la utilización de la Web 2.0. educar

Non discrepo en ningún momento da necesidade e utilidade do ensino das novas tecnoloxías como un aspecto máis a coñecer do medio no que nos desenvolvemos, e sen embargo discrepo co tono desgarrador do discurso que parece máis ca unha reflexión unha exhortación desesperada e case agónica.
Ó meu modesto entender docentes e alumnos foron dende sempre protagonistas na producción de contidos e aprendizaxes significativos coma por exemplo os que deron na aparición da Web 2.0, en canto ás metodoloxías innovadoras coas que enlaza o artigo que referencio, non acabo de entender en que medida unha presentación de Power Point pode contribuir a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos, se ben admito que efectivamente pode ser útil para a difusión sexa cal sexa a calidade do contido.
Indudablemente os contidos informativos almacenados en formato dixital, permiten unha maior manexabilidade, e o feito de que a tendencia sexa cara este tipo de almacenamento fai necesario formar ós individuos en este sentido.
Para rematar, cunha reflexión anacrónica, tal vez, pregúntome se deixa de ser importante a interacción humana directa nos procesos de intercambio alumn@-mestre, alumn@-alumn@, tan útiles para o desenvolvemento da competencia social e ciudadana, que tamén recollen as ensinanzas mínimas establecidas para a E.S.O.