¿Un alumno por ordenador? Sería o ideal

Participante3: Ben en canto falabas ti da receptividade dos profesores e dos mestres, aí si que hai un grupo de irreductibles profes e mestres que non queren entrar. Sexa informática, tarea para a túa casa, ou se teño que teño que aplicala, ¿teño unha hora? pois unha hora ides para a aula de informática, enchufádesvos alí e facedes o que queirades (risas) Iso é así. E despois hai un grupo moi grande que quere integrar todo isto pero noutra formación e a Administración tampouco lla da. Porque, hai un curso de pizarra dixital, ben pois poden ir deste instituto, poden ir 3 persoas. Entonces 3 persoas van e despois se hai alguén que esté interesado pois ben, vaslle dar a lata a ese profesor e tal… , tra, tra, tra tra. E dicías o dos medios. O dos medios hai menos dos que parece e tamén hai outros que están infrautilizados. Entón, que menos tiña que haber nunha aula, pois a pizarra dixital, eso polo menos. E despois o de que ¿un alumno por ordenador? Sería o ideal, porque ti tes un na casa e vai ser a túa ferramenta de traballo, durante… Bueno ata que evolucione hacia outra cousa, pero vai ser a túa ferramenta de traballo, como antes cada persona tiña que ter un pizarrín ou un caderno. Entón, o que sustitúes… vas sustituir o caderno. Non o vas sustituir que tes que telo tamén pero un ordenador valo ter. Para que, para que todos teñan o mesmo acceso. Senón o que se vai quedar é que o que ten ordenador na casa, vale, trebella o que quere e aprende. Pero non todos teñen de momento. E coa situación de crise que hai agora isto vaise agrabar. Entón se queres dar as mesmas oportunidades a todo o mundo, ten que ter esa posibilidade. Entón eso, ou sexa, medios hai. E tampouco, o ordendor non o vas utilizar toda a hora, pero polo menos ten que estar para se en 5 minutos queres mirar unha cousa ou xorde unha dúbida. Porque nas clases moitas veces estás explicando unha cousa e entón pode saír un tema que a ti paréceche que non é interesante, pero ós rapaces resúltalles moi interesante. E ti non tes unha formación universal sobre ese tema. Entón que fas, se estás conectado dis: Ah, pois vamos mirar o que hai aquí. Entón que podes facer, podes ir á wikipedia, ou simplemente podes facer unha referencia a outra cousa como pode ser unha película entón dis: Ah, pois vamos a Youtube e sabes que ahí vaiche aparecer ese pedazo. Pois é conectarse, son 30 segundos, védelo ilústrasllelo con un minuto e apréndenche máis que non estárse imaxinando como será eso, porque xa non cho imaxinan. Entón eso é ó que me refiro eu, ó dos recursos, e todo isto.

As redes sociais tenden a ser predominantes

“…experiencia de maneira profesional podemos dicir que si que detecto un gran medo por  parte dos mestres en xeral a participar e a traballar a través de e con equipos informáticos, fundamentalmente por falta de formación e por descoñecemento polo tanto. Respecto ós rapaces eu estou nun centro rural e polo tanto hai dous grupos: os que si teñen acceso a internet desde as súas casas e os rapaces que non teñen acceso e que si teñen gran descoñecemento á hora de utilizar todas as ferramentas informáticas e internet por suposto. Gracias a deus pódense guiar dos outros rapaces. Entre eles si comparten moito os coñecementos e por tanto si, hai un trasvase de información e cando os pos pola falta de equipos de dous en dous ti procuras xa facer unhas parellas … e si hai un trasvase de coñecementos. Fundamentalmente polo que teño detectado en canto lles deixas un pouco de liberdade Youtube e as redes sociais son o foco de atención, ahí e os xogos online, pero fundamentalmente Youtube e en canto avanzan nas idades as redes sociais tenden a ser predominantes”

Identidade, Internet, fenda

Cita

Los adolescentes entran y salen de ambos universos permanentemente sin necesidad de distinguir sus fronteras de manera explícita. Frente a quienes afirman que Internet ha sustituido la “sociabilidad directa”, Roxana Morduchowicz sostiene que los intercambios virtuales no debilitan ni reemplazan las formas de encuentro y sociabilidad tradicionales, sino que las refuerzan.
En Los adolescentes y las redes sociales, la autora analiza los procesos socioculturales que intervienen en el uso, la socialización y la significación de la Web por parte de los jóvenes, para determinar hasta qué punto la producción de contenidos en los blogs y en las redes sociales forma parte de la construcción de su identidad.

Roxana Morduchowicz (2012). LOS ADOLESCENTES Y LAS REDES SOCIALES. La construcción de la identidad juvenil en Internet. Colección popular. Serie: Breves

Recognizing the potential of ICT in early childhood education

Many educators believe that ICT can help children develop their competencies even before they go to school. As Siraj-Blatchford and Whitebread (2003: 19) point out, young children today are growing up in a world, which not only contains but is also increasingly shaped by ICT. A number of researchers concerned with the experiences of childhood, with the spread of ICT, with cultural changes, and with early education, have made studies of the impact of the new technologies on the lives of young children. In broad terms, the following conclusions can be derived from these studies:
• new technologies are impacting considerably young children’s lives;
• young children have very differential access to new ICT;
• parents are sometimes unaware of their children’s exposure to these technologies and the material that can be transmitted via them;
• parents vary in their ability to provide appropriate experiences and support for their children;
• many children have much greater access to new ICT at home than they do in educational settings10;
• teachers are often under-informed and lacking confidence in relation to ICT;
• provision of ICT in early educational settings varies considerably, and is often very limited;
• communication between parents and educators about children’s experiences in this area is often non-existent11.
It is not our goal to draw any general conclusions about ICT in ECE. In contrast, we have been working with purposive sample of innovative ECE centres so that we can examine the trends and try to set up a sequence of recommendations on how to start or boost the process. In this chapter, we, therefore, continue the literature review so that we can present the reader with a concise overview of how and when the idea of exploiting ICT in ECE emerged, what are the actual problems and issues studied and what attitudes are adopted concerning possible roles and goals of that process. In the next chapters, we utilize this overview for confronting or supplementing the attitudes of our sample ECE centres.

Fonte

Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que …

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva ea liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industrias culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humán siga sendo ceibe.

8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominiopúblico e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

Iste manifesto, feito de maneira conxunta por varios autores, é de todos e de ninguén. Si queres sumarte a él, espállao pola Internet.(Eu tireino de el Escolar.net, e agora mesmo estou pensando en aqueles feitos acontecidos polo 2007 a Aduaneiros sen Fronteiras e en Alasbarricadas.org)

Falase do Manifesto en Twitter e proxéctanse manifestacións en algúns puntos.


concepto de infancia

O concepto de infancia é un constructo elaborado dende unha posicición adultocrática que define a relación e os límites normativos das interaccións entre nenos e entre estos e os adultos. Como expresa Giddens:

As posicións sociais están constituídas estructuralmente como interseccións específicas de significación, dominación e lexitimación, o cal atingue á clasificación dos axentes. Una posición social inclúe a especificación de unha «identidade» definida dentro de unha rede de relacións sociais, aínda que esa identidade é unha «categoría» á que corresponde un particular espectro de sancións normativas. Giddens (non sei cando)

A evolución do concepto dende o século XVII ata o século XXI, constitúe fundamentalmente unha mudanza no sistema relacional e de interaccións lexitimadas. Neste sentido podemos afirmar que a identidade infantil “depende das relacións do individuo cos outros significantes, que poden variar ou desaparecer” segundo Berger e Luckman (2001:129) para quen a identidade responde á identificación do individuo coas significacións que socialmente lle son atribuídas, por tanto a identidade non pode ser entendida fóra ou á marxe do contexto social en que se define.

A irrupción dos medios de comunicación xoga un papel fundamental na reconceptualización da infancia; en palabras de Meyrowitz: “é como se a sociedade enteira tivera tomado a decisión de autorizar ós nenos a asistir ás guerras, ós enterros, ós xogos de seducción eróticos, ós interludios sexuais, ás intrigas criminais. A pequena pantalla exponos ós temas e comportamentos que os adultos se esforzaron por ocultarlles durante séculos” (cit. en Barbero 2002).  Tal como apunta Barbero a dinámica relacional que os máis novos establecen cos medios non opera de xeito independiente senón que é producto e reflexo e transformacións de base no contexto, na sociedade e na familia que alteran tanto os protocolos de interacción na comunicación coma os fluxos, a producción e o intercambio.

Na actualidade, a televisión deixa de ser o sistema central das historias coas que se socializan (Gerbner 1998); a preferencia que os nenos teñen de servicios de internet coma a mensaxería instantánea, chats, foros e blogs que sitúaos fóra do discurso adultocrático institucionalizado (familia, escola, medios direccionais) á procura de comunicacións máis interpersonais, e de mensaxes menos manufacturadas; trazando novas direcións e proxectando o impulso infinito do ego dunha forma propia de construírse na sensualidade do “alius” (Sonesson 2005) que representan as novas tecnoloxías.

* Alteración nos fluxos da comunicación, a producción e o intercambio. A vivencia tamén orientada á reproducción e difusión.