[ View menu ]

Archive for 'internet'

As idades de Internet

AIMC

Consumo por idades

Chuzame! chúzame -

Catalizadores da cultura

Seguindo Firgoa entérome de que:

O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado. Arredemo

O Señor  Isaac Díaz Pardo coma sempre segue a impulsar a Cultura Galega, hai que ver a capacide deste home para catalizar movementos socioculturais, seica Sargadelos non da conta do que perde.

¿E ti que? ¿Participas?

Chuzame! chúzame -

Comunicación evolutiva

Na teoría da comunicación, un "medio" é un simple artefacto, que manipula información, permitindo con facilidade a súa acumulación e traslado.

....

Ó estudiar a comunicación mediada, convén recordar que os medios non só son dispositivos que moven a información a distancia, de maneira que sexa posible a comunicación entre persoas alonxadas, senón que alteran dalgunha forma o sistema comunicativo. En efecto, os medios modifican o proceso de comunicación cara a cara, esquematizado no modelo transacional antes explicado. Estes cambios teñen que  ver coa modificación da relación social que vincula ó emisor e ó receptor da mensaxe, polas novas relacións emisor-medio e medio receptor.

A utilización dos medios cambia o modelo de comunicación empregado, na medida en que se considera necesario fixar como adecuada unha distancia (física, psiquica ou social) entre emisor e receptor.

Antonio Lucas Marín, Carmen García Galera, José Antonio Ruiz San Román. Sociología de la Comunicación. (Pax. 82- 83). Ed. Trotta, S.A, Madrid 2003. ISBN 84-8164-301-7

Chuzame! chúzame -

Ben se ve que os contadores non funcionan

Onte o Faro de Vigo publicaba en Cartas al director e en último lugar baixo o título

Isaac Díaz Pardo replica

Quien pregunta "¿Es lógico que un accionista viva en la sede de la compañía?" al pedir que se oculte su nombre para decir esa sarta de calumnias contra mi persona, resulta ser un cobarde y un miserable. No entiendo cómo una publicación tan responsable como la suya permitió acceder a esa petición, por lo que suplico, señor Director, que acogiéndome a derecho de réplica dé publicidad a estas breves líneas, como respuestas a lo publicado en el diario que usted dirige.

A carta de Isaac Díaz Pardo refírese a este texto publicado na sección Sociedad y Cultura.

¿Que che parece esto? ¿Dúas ou catro?

Actualización 11 de decembro de 2007 como andiven esta fin de semana perdida da man de dios, felicito hoxe ó Ministerio de Traballo por concederlle a Medalla de Ouro ó Mérito no Traballo a Isaac Díaz Pardo,  firgoa e Chuza.

Chuzame! chúzame -

Revisando contadores

Gracias á labor de persoas que descoñezo, (véxase os que realmente traballan en blogaliza), hai arredor dun ano que ando a dicir o que me peta, máis ou menos, con máis ou menos acerto, adecuación e formas.

Como agora unha nova utilidade permíteme ter un contador de visitas, (activeino o 27 do mes pasado) ando a botarlle un ollo.

Flipo un pouco vendo que os días 3 e 4 tiven 284 e 283 visitas, como teño poucos días de referencia non sei ven como entender os datos, pero fronte a datos de outros días, dame que pensar que debe ser cousa do tema. Coincídeme coa anotación referida a Díaz Pardo, así que entendo que o tema pode ser interesante, e coa fin de incrementar o número de visitas, farei como fan os medios con outros temas e dareille outra volta de tuerca.

Asedio a Isaac Díaz Pardo

Sus colaboradores en el IGI consideran que está ante "un asedio total" de la actual dirección, que siente por Díaz Pardo "un odio visceral" y quiere "ahogarlo en su último refugio". Firgoa0 4/12/2007

Para non ter que traballar moito, enlazo aquí todo o seguemento de unha crónica da mesma fonte.
E para que non pareza que son tendenciosa farei unha lista de outras fontes que tamén falaron no seu intre de Isaac Díaz Pardo:

Aduaneiros sen Fronteiras

Chiscando un ollo

La casa de los vientos

Periodistas 21

San Ciprián na rede

Infancia na lareira

A Ponte vella

Boedense

Bambú

52.200 en total, eu paro aquí ...

Chuzame! chúzame -

Xóvenes consumidores

Consumo textil

Disque o os targets máis xóvenes están a causar un retroceso no sector textil, parece ser que compran menos e máis barato. Interpreto que existe unha preocupación menor pola imaxe.

Noutro informe de TNS pódese observar que os sectores de poboación de menor idade son os que consumiron menos televisión durante o pasado mes de agosto.

Dicía onte a Cadena Ser que o 40% dos fogares españois xa teñen conexión a internet, segundo os datos da XV oleada del Panel de Hogares: “El 40% de los hogares está conectado a Internet” (tamén realizada por TNS).
consumo-ultimo-mes.jpg

O 58% dos usuarios de internet manifestaban non ter accedido no último mes no momento da enquisa que reflexa os meses de xaneiro a marzo, e o 68% declarouse internauta intensivo; no mesmo contexto hai un 57% que di que recibe moito ou suficiente de internet.

Bueno isto é todo o que podo dicir hoxe, por que non estou moi lúcida e teño teorías que ler.

Chuzame! chúzame -

O Ribeiro, A Parresía

Eu tamén confío na reforma dos medios de comunicación, a parresía lese ás veces como cháchara ou rumor e outras veces mesmo as xentes tranquilas teñen a obriga de gritar a coro para elevar o tono e reclamar os poderes que concederon a terceiros.

A ausencia de representantes ou o seu silencio clamoroso nalgúns discursos sociais, a min (incrédula para según que cousas), faime dudar mesmo da composición dos consellos sociais por exemplo.

Teño no recordo aquel Decretazo, a LOU, un Non á Guerra, e Nunca Máis...

Moito me temo que no xogo os amateurs teñeno difícil contra os profesionais, máis aínda cando o imaxinario conta cos conceptos de autoridade-credibilidade e cunha estructura establecida e ningunha proposta sólida. Ninguén reparte alas nin flotadores.

Aínda que agora xogamos con máis cartas, as cartas están na baralla e pódenlle tocar a calquera e moitos somos principiantes.

¿Será realmente a 2.0 coma os bufóns do Gran Dalmuti? ¿É eso o que se lle debe dicir ós nenos cando se fan as presentacións?¿Aquí santa 2.0. Aquí o neno?.

Non sei que pensar. Se cadra a alquimia deste século deba concentrarse en convertir o ouro en pedra do Porriño que permite usos máis útiles.

Chuzame! chúzame -

¿Qué é un neno?

Aínda me queda para sabelo, pero hoxe aprendín un pouco de Margarita Barretto lendo os seus Apuntes Metodolóxicos sobre Antropoloxía Urbana un traballo do ano 88 no Brasil. Fala da aventura metodolóxica:

Un dos motivos de descarta-las escolas foi que os nenos teñen recreos curtos o que impide a realización de xogos con reglas, que, en xeneral, duran máis. Outro dos motivos foi o espacio ou, mellor dito, a falla deste, pois hai moitas escolas públicas donde os patios son tan pequenos que os nenos teñen prohibido correr ou saltar.

Nun traballo menos antiguo Ciudadanía, Globalización e Migracións reflexiona sobre o individuo cada vez máis integrado no mundo e a pertenza a unha comunidade desterritorializada e as repercusións que esto ten sobre o sentimento de identidade:

que xa non se define tanto por nacionalidade senón mais ben pola pertenza a "tribus" que se constitúen independientemente da proximidade física, en torno de intereses comúns, entre eles, o consumo...

Di Barreto que a cultura xoven é un exemplo claro xa que consume ou aspira a consumir a mesma roupa, a mesma música e a mesma comida en Londres, Tokio ou Río de Janeiro. O sentido de pertenza estriba na posibilidade de ter acceso ó mesmo có grupo de referencia, tanto en materia de bens como de servicios.

Cambiando de autor reviro esta anotación de hoxe, para mañan, cun paragrafo co que rematou Jesús Martín Barbero Jóvenes: Comunicación e identidade:

Fronte a unha sociedade que masifica estructuralmente, que tende a homoxeneizar incluso cando crea posibilidades de diferenciación, a posibilidade de ser cidadáns é directamente proporcional ó desenvolvemento dos xóvenes como suxeitos autónomos, tanto interiormente como nas súas tomas de posición. E libre significa xóvenes capaces de saber ler/descifrar a publicidade e non deixarse masaxear o cerebro, xóvenes capaces de tomar distancia da arte de moda, dos libros de moda, que pensen coa súa cabeza e non coas ideas que circulan ó seu redor.

Se as políticas sobre xuventude non se fan cargo dos cambios culturais que pasan hoxe decisivamente polos procesos de comunicación e información están descoñecendo o que viven e cómo viven os xóvenes, e entonces non haberá posibilidade de formar ciudadáns, e sin ciudadáns non teremos nin sociedade competitiva na producción nin sociedade democrática no político.

E dou outra volta cunha frase que lle pareceu importante ó mesmo autor e tamén a Álvaro Ramírez Ospina de Ojo al Texto e a Diana Szarazgat Tecnocapitalismo Comunicacional: Promotor de Desigualdades

A juicio de los occidentales, el futuro está delante de nosotros. A juicio de muchos pueblos de Oceanía, el futuro reside atrás, no adelante. Para construir una cultura en la que el pasado sea útil y no coactivo, debemos ubicar el futuro entre nosotros, como algo que está aquí listo para que lo ayudemos y protejamos antes de que nazca, porque de lo contrario, será demasiado tarde.

Remato por hoxe, ata outro día, pensando que o futuro debe ser util tamén, pero non coactivo en exceso, porque nunca é demasiado tarde.

Chuzame! chúzame -

Educación, TIC, Dereito

Sanchez Bursón xurista experto en nenos fala en "Infancia y Tecnología" da "Revista Salud" de Dereito á intimidade, Dereito á protección da imaxe e Dereito á protección do menor frente a determinadas accións  consideradas lesivas para a súa saudable evolución; sen dúbida aspectos a ter en conta xunto co compromiso dos estados a cumpran os dereitos da Convención sobre os dereitos do neno que se desprenden dos artigos 13 referido á liberdade de información e expresión do neno a través de calquer medio, 17 difusión de información e material de interese social por parte dos medios de comunicación, 28 acceso ó ensino gratuíto e mesmo financiado se fora preciso para que tódolos nenos dispoñan de orientación e formación en materia de educación e teñan acceso a ela, 29 desenvolver ó máximo as capacidades do neno e preparalo para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre.

Chuzame! chúzame -

Consumo tecnolóxico

La adopción de tecnología y la reducción de la denominada “brecha digital” es uno de los problemas que más preocupa a las autoridades gubernamentales y las empresas dedicadas al desarrollo de la red.

En Galicia pouco máis da metade dos fogares con ordenador teñen conexión a internét. O Barómetro de consumo 2007 do grupo Eroski realiza un estudio sobre os usos de internet cun perfil de idade por riba dos 14 anos. Parece que os máis xóvenes utilizan máis a mensaxería instantánea ca do que participan en chats e foros.

Tamén por riba dos 15 anos sitúase a mostra do Observatorio Redes "Perfil demográfico dos internautas". A mesma fonte di que máis de 5,5 millóns de fogares están conectados a internet (abril de 2007), o informe é de xullo-setembro 2006.

Do INE extraio (sen esquecer a falla de resposta) os seguintes datos para idades de 10 a 14 en Galicia:

*Datos correspondentes ó primeiro semestre de 2006
Usuarios totais nos últimos 3 meses: 75.134
Lugar de acceso:
Fogar propio_ 43,9%
Fogar familiares e amigos_ 34,0%
Centro de estudios_ 65,2%
Centros públicos_ 32,1%
Cibercafés e similares_ 25,7%
Outros lugares_ 2,5%
NS/NC_ 5,6%

Alumnos por ordenador destinado a tareas de ensino e aprendizaxe: 9,9*

* En centros públicos de Galicia no curso escolar 2004/05 

Actualizo a 29 de maio Sei que fun extramadamente localista neste comentario e non o fun de xeito inconsciente, non obstante fáiseme preciso actualizalo con datos globais.

En realidad, el 80% de la población del planeta no tiene acceso a instalaciones básicas de telecomunicaciones y sólo el 2,4% tiene acceso a Internet. En este sentido, la cibercultura debe estar acompañada por una ciberética. 

Diez Tendencias del siglo XXI
 

Chuzame! chúzame -