[ View menu ]

Archive for 'videoxogos'

Efectos poderosos

Onte visitei o Club Faro para escoitar a Manuel Martín-Loeches que trataba de contestar á pregunta ¿que nos fai humanos?. É dicir, que explicou un pouco sistema operativo humano así coma as actualizacións e novas versións que foron salindo nos últimos 80.000 anos.

Mencionou as neuronas espello, estas coñeceredelas ben porque están de moda, ou algo similar dixo, a estimación de Martín-Loeches é que esta moda deixará de afectar á ciencia en un corto prazo estimado de 5 anos, logo chegaráse á conclusión de que non era tan importante. As modas afectan a todo, mesmo á ciencia pero eche unha cousa boa porque moitas persoas se suman á corrente e dese xeito supérase antes o extraordinario do estímulo, bueno se se pode dicir que o extraordinario lle corresponda ó estímulo en lugar de corresponderlle á cognición, percepción, emoción ou o que é o mesmo ó observador, ó suxeito.

Pero modas habelas hainas, recordo que hai uns anos nos medios de comunicación non había frase na que apresentándose o nacionalismo non se apresentara tamén terrorismo ou no seu defecto radical. Non sei se isa moda terá algo que ver con que o debate de aspirantes a xestor só haixa dúas persoas; pouca capacidade de elección se nos ofrece á simple vista, e coincido en que hai máis dunha razón para non votar a ningún dos dous, 31 polo menos din.

Pero falando de modas, preocúpame bastante (con perdón) ese rollo de gañadores e perdedores. O rollo gañador e perdedor, veñoo captando dende hai anos nas películas americanas non sei en cantos guións de produccións norteamericanas non sairá unha frase coma: ¡Eres un perdedor!, logo empezou a soar nesas..., neses..., nos platós onde se comentaban esa clase de programas chamados de telerrealidade, que eu non sei canto teñen de realidade se hai que facer un casting no que a maior parte de concorrentes non dan o perfil que andan buscando. E agora empeza a soar en boca dos aspirantes ó hemiciclo e exténdese por outras voces coma unha moda, paréceme que pasou algo semellante co termo patriota ou patriotismo. É coma se as películas, os guións ficcionais escaparan das pantallas e tomaran a realidade. Non sei se o onomaturgo (pax. 50) andará outra vez de mala saña, ou se a comunicación mediada ten realmente efectos poderosos. Unha cousa é certa; quen sementa recolle -non porque eu o diga, senón porque o dixo Gerbner.

Atopo que non é cousa boa simplificar demasiado as cousas para o desenvolvemento cognitivo:

As características do estereotipo poden sistematizarse, seguindo a V. Allende (1997), en tres:

a) Anula a complexidade dun asunto ou dos oríxes históricos, culturais, relixiosos ou económicos dun grupo ou tipo social concreto.

b) De tódalas realidades posibles, elixe unha, simplista e reduccionista, que conduce a unha visión maniquea das relacións sociais.

c) Opera sobre roles de inferioridade e superioridade, sobre todo en canto ó xénero dos individuos (home fronte a muller) e a súa etnia (hombe blanco frente ó resto). Engado eu e mil outras posibles.

Por outro lado, trátase de construccións mentais sumamente difíciles de erradicar, xa que está demostrado que os sucesos que confirman as expectativas estereotipadas previas son recordados mellor polos suxeitos que aqueles que as contradín. Disfuncións da socialización a través dos medios de comunicación.

Dicía onte Martí-Loeches que fundamentalmente o desenvolvemento do cerebro humano baséase na complexidade das conexións que nos permiten manexar máis información ó mesmo tempo, ou sexa que temos máis ram e procesamos máis datos ó, e, no mesmo tempo. Que bonito ¿verdade?. Se é así, para que simplificar se como tamén se mencionou o maior pracer que se lle pode dar ó cerebro é a sobreexcitación.

Esta fin de semana, estiven a botarlle unha ollada ó pasado recente nun documental que afortunadamente está en YouTube Os 70: De Woodstock ó Walkman ía falar do tema pero vexo que se me fai longa a anotación, como eu xa teño a miña opinión mellor que o vexa cada quen -se quere rememorar o pasado- e que me conte a súa.

Chuzame! chuzame -

Os videoxogos violentos afectan ó cerebro dos adolescentes

Unha investigación levada a cabo polo doutor Vincent Mathews, profesor de radioloxía na escola de medicina da Universidade de Indiana (norte), revela que este tipo de xogos incrementa a actividade en rexións cerebrais vencelladas ás emocións, mentres que reducen a actividade nas zonas que se encargan do razonamento e o autocontrol.
Segundo os resultados, sería posible que o incremento da violencia nos adolescentes esté vencellado ós videoxogos, xa que logo a inhibición do razoamento e o autocontrol fronte a unha pulsión de agresión favorecería que a pulsión se convirta en acto de agresión efectivo.

Un artigo publicado recientemente en El Economista explica que os nenos da xeración dos videoxogos son "creativamente menos imaxinativos"" e "pode dar lugar a adultos incapaces de reaccionar creativamente ante a falta dos seus recursos habituais".
Persoalmente, discrepo coa afirmación de que os videoxogos desenvolven a psicomotricidade, fundamentándome na definición consensuada polas asociacións españolas de Psicomotricidade ou Psicomotricistas; motivo tamén polo cal non participo da clasificación que soe facerse dos videoxogos.

Chuzame! chuzame -