Análise do Contido

As indagacións empíricas sobre o contido das comunicacións remontanse ós estudios teolóxicos de finais do século XVII, cando a Igrexa estaba inquieta pola difusión dos temas de índole non relixiosa a través dos periódicos. A partir de entonces foron gañando terreo en numerosas esferas.
Krippendorf (1990: 15) no capítulo primeiro da súa obra organiza un recorrido a través do cal podemos acercarnos ós principales estudios que, metodolóxicamente utilizan a análise de contido. O primeiro caso ben documentado de análise cuantitativo de material impreso, tivo lugar en Suecia no século XVIII. DOVRING (1954-1955) describiu este episodio, incluido en una colección de noventa himnos de autor desconocido, titulada Os cantos de Sion. LOEBL (1903) publicou en alemán un elaborado esquema clasificatorio para a análise da “estructura interna do contido” de acordo coas funciones sociais que desempeñan os periódicos. O seu libro adquiriu celebridade nos círculos periodísticos, pero non estimulou investigaciones empíricas posteriores. A investigación cualitativa:A análise de contido na investigación educativa

Non obstante, varios hitos na evolución da análise de contido permiten comprender o desenvolvemento da análise de contido no ámbito sociolóxico; son os seguintes hitos da investigación, reproducidos por López Aranguren (e recollidos en Piñuel & Gaitán, 1995: 516):
1.- Décadas de 1920 e 1930. Análise sobre o concepto de “estereotipo social” suxerido por Lippmann (1922) e sobre o concepto de “actitude”, de recente aparición en psicoloxía.
2.- Segunda Guerra Mundial. Análise de Lasswell e colaboradores, sistematizados máis tarde por George (1959): conceptualización de obxectivos e procesos de comunicación.
3.- Décadas de 1950 e 1960. Codificación manual. Obras de Pool (1959), Lasswell et al (1965) e Holsti (1969).
4.- Aplicación da informática, codificación electrónica automatizada, a partir da obra de Stone y colaboradores (1966) sobre o sistema General Inquirer para a análise contido de mensaxes por medio de ordenador.
Epistemoloxía, metodoloxía e técnicas da análise de contido

Tipos de análise de contido
Existen varias maneiras de clasificar a análise de contido. Pinto e Grawitz (1967: 461) destacaron a importancia de establecer unha primeira distinción entre a análise que ten por fin a verificación de unha hipótesis e a que busca en primeiro lugar explorar un campo de estudios. Partindo desta distinción básica, autores como Mayer e Quellet (1991:478); Landry (1998:335; 1987:119) delimitan seis tipos de análise de contido:

1. A análise de exploración de contido. Trátase de explorar un campo de posibilidades, de investiga-las hipóteses, as orientacións ou incluso de servirse dos seus resultados para construir cuestionarios máis adaptados.

2. A análise de verificación de contido. Pretende verificar o realismo e a fundamentación das hipóteses xa determinadas.

3. A análise de contido cualitativo. Este tipo de análises permite verifica-la presencia de temas, de palabras ou de conceptos nun contido.

4. A análise de contido cuantitativo. Ten como obxectivo cuantifica-los datos, establece-la frecuencia e as comparacións de frecuencia de aparición dos elementos retidos como unidades de información ou de significación (as palabras, as partes das frases, as frases enteiras, etc.)

5. A análise de contido directo. Limítase a tomar o sentido literal do que é estudiado. Non se busca descobrir un eventual sentido latente do discurso; permanécese ó nivel de sentido manifesto.

6. Análise de contido indirecto. Neste caso, o investigador busca extraer o contido latente que se agocharía detrás do contido manifesto, recurrirá a unha interpretación do sentido dos elementos, da súa frecuencia, do seu axenciamento, das súas asociacións, etc.

Outros criterios de clasificación dos tipos de análise de contido están asociados ós debates que marcaron a evolución desta metodoloxía, é o caso da controversia entre o contido manifesto versus o contido latente así como a que opón a análise cuantitativa á análise cualitativa. Análise de contido cualitativo e cuantitativo: Definición, clasificación  

Outros:

Análise de Contido
Instrumentos de utilidade na análise do contido para a organización de documentos dixitais educativos
Análise do sitio web da Intendencia Municipal de Montevideo
A análise de contido de documentos: requisitos procedimentais
Análise de contido