Constructivismo

“O coñecemento é producto dunha relación entre dous elementos: o suxeito cognoscente (que é capaz de coñecer) e o obxecto cognoscible (que pode conocerse). Suxeito e obxecto forman unha unidade. Non hai suxeito sin obxectos, inda que os obxectos existen independientemente dos suxeitos.
Di Hessen ó respecto: “No coñecemento atópanse fronte a fronte, a conciencia e o obxecto, o suxeito e o obxecto. O coñecemento maniféstase como unha relación entre estos dous elementos que permanecen nela e están eternamente separados un do outro. O dualismo do suxeito e obxecto é parte da esencia do coñecemento.
A relación entre os dous principios é, ó mesmo tempo, unha correlación. O suxeito só é suxeito para un obxecto e o obxecto sólo é obxecto para un. Un e outro son o que son, en canto que son para o outro. Sen embargo, esta correlación non é reversible. Ser suxeito é totalmente diferente de ser obxecto. A función do suxeito consiste en aprehender ó obxecto, y a do obxecto en ser aprehensible e aprehendido polo suxeito”.[2]
Suxeito e obxecto inflúense mutuamente: o suxeito inflúe sobre o obxecto na medida que o primero actúa sobre o segundo: un carpinteiro transforma a madeira (materia prima) nun obxecto práctico, útil ou ornamental. Pero tamén o obxecto pode influir sobre o suxeito na medida que a madeira, dadas as súas características de maleabilidade, color e consistencia poden estimular ó carpintero para imaxinar distintas aplicacións, formas e deseños que poden lograrse coa materia prima. A experiencia no traballo sobre os materiais da como resultado un coñecemento profundo sobre un campo de actividade”.Unha aproximación ó constructivismo: A producción do coñecemento.

“Máis recentemente Ernst von Glasersfeld aclara que o constructivismo non nega a posibilidade de coñecer, senón que propón outros termos para explicar estos procesos: O constructivismo é unha teoría do coñecemento activo, non unha epistemoloxía convencional que trata ó coñecemento como unha encarnación da Verdade que reflicte ó mundo “en sí mismo”, independiente do suxeito cognoscente. A partir desta base o autor recoñece dous principios básicos do constructivismo radical. Por unha parte, enténdese que o coñecemento non se recibe pasivamente, nin xurde meramente pola acción dos sentidos, nin por medio da comunicación, senón que é construido polo suxeito cognoscente. Por outra parte, concíbese que a función da cognición é adaptativa e serve á organización do mundo experiencial do suxeito, e non simplemente ó descobremento dunha realidade ontolóxica obxectiva.
En síntese, o coñecemento non é máis ca unha proposta que responde a unha forma de situarse fronte á experiencia. Nestes termos é moi difícil falar de obxectividade. O constructivismo fai caer no rango da inxenuidade calquer pretensión de aterse ó obxecto co propósito de xenerar unha referencia indiscutible, de producir unha estricta correspondencia entre as representacións mentais e o obxecto tal como é. O concepto de realidade, tan claro á ciencia clásica, queda desterrado…
Os feitos non teñen peso propio. As conductas, os fenómenos e os obxectos, non posúen de seu un valor ou un sentido. Non hai unha relación forzosa, obligada ou natural, entre os feitos e a significación que adoptan nun contexto particular. Son os homes, os grupos ou as sociedades os que lle otorgan ou lle negan gravedade ós feitos. Idea de Constructivismo

“O constructivismo posmoderno considera que o cerebro non é un mero recipiente onde se depositan as informacións, senón unha entidade que constrúe a experiencia e o coñecemento, ordenaos e da forma. Este é un plantexamento netamente kantiano.

O constructivismo ten dúas verquintes:

A teorética, que pretende a integración dos múltiples enfoques teóricos, que aspiran a explicar qué é o home no seu conxunto, a universalidade do ser humano.
A personalista, relativa a cada persona concreta, que sólo pretende unha versión específica, individualizada de quen e cómo é cada quen, no seu caso particular, único e irrepetible”.O Constructivismo en Psicoloxía

**As diferentes versiones do constructivismo

Outros:

Usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista
Os sistemas de escritura no desenvolvemento do neno***
Alfabetización: Teoría e Practica ***
Artículos sobre lectoescritura constructivista