Etnometodoloxía

“O termo Etnometodoloxía foi utilizado por primera vez por Harold Garfinkel para denominar a forma de traballo psicosociolóxico que estaba realizando en 1954 (Garfinkel:1968). A “etiqueta” extendeuse a toda unha corrente da psicoloxía social que se desenvolveu a partir dos años sesenta en certas universidades californianas, tomando diferentes orientacións na investigación e extendéndose paulatinamente ós ambientes internacionais relacionados coas ciencias sociais.
A Etnometodoloxía pretende describir o mundo social tal e como se está continuamente construindo, emerxendo como realidade obxectiva, ordenada, intelixible e familiar. Desde este punto de vista, a etnometodoloxía recomenda non tratar os feitos sociais como cousas, senón considerar a súa obxectividade como unha realización social. Considera ademáis, que esta autoorganización do mundo social non se sitúa no Estado, a política ou cualquera superestructura abstracta senón nas actividades prácticas da vida cotiá dos membros da sociedade. Estas actividades realízanse conxuntamente nas interaccións; e a xente realizaas aténdose ós presupostos e ós tipos de coñecemento propios da “actitude natural”.” Etnometodoloxía

“Os etnometodólogos utilizan como metáfora para explicar o proceder da xente ordinaria a práctica científica: do mesmo modo que os científicos están constantemente intentando entender o mundo e utilizan os seus achádegos para proceder axeitadamente ante tales situacións, a xente utiliza modelos, manipula información, ten percepcións da realidade, así como os seus propios métodos de investigación e proceder ante a natureza e o seu entorno social; dahí o nome de etnometodoloxía.

En resume, a etnometodoloxía parte dos supostos:

  • Os feitos socais non determinan desde fóra a conducta humana, senón que eles mesmos son o resultado da interacción social que se produce continuamente a través da súa actividade práctica cotiá.
  • Os seres humanos non son “idiotas culturalizados”, senón axentes activos capaces de artellar procedementos que lles son propios para definir, según as circunstancias e os significados, as situacións sociais nas que están implicados”. Introducción da Etnometodoloxía a Terapia Familiar Indicación (Indexicality), Reflexividade, Descripcións (accounts), Miembro

…o medio técnico máis apropiado na etnometodoloxía é a observación independiente ou participativa, según o caso, coa grabación de audio e de vídeo para poder analiza-las esceas repetidas veces e, se cadra, para corroborar a súa interpretación con unha triangulación de xuíces. Como di o sabio refrán, catro ollos ven máis ca dous. Por outro lado, esta idea está hoxe en día apoiada tamén epistemolóxicamente co principio de complementariedade dos enfoques (ver Martínez, 1997, cap. 8).

Evidentemente, como toda investigación, tamén a etnometodoloxía trata de chegar á construcción de estructuras do comportamento humano, é dicir, a sistemas explicativos que integren procesos e motivacións, intencionais e funcionais, ou patróns de conducta humana, individual ou social, que nos de una idea da realidade que tenemos diante. Esta realidade pode ser moi única e irrepetible, propia sólo dese grupo humano étnico ou institucional, pois, como di Geertz (1983), se cadra, o coñecemento “é sempre e ineluctablemente local” (p. 4), pero poidera ser tamén xeneralizable. Si é ou non xeneralizable, dirano outros estudios ou investigacións comparativos con outros grupos. A Etnometodoloxía e o Interaccionismo Simbólico

Outros:
A terceira xuventude de Harold Garfinkel: unha nova invitación á etnometodoloxía
A metodoloxía cualitativa representada pola etnometodoloxía.