Hermenéutica

“Hermenéutica ven do vocablo grego hermeneia que significa o acto da interpretación. Desde as súas orixes, a hermenéutica transformouse na base da intelectualidade cristiana; xa que a partir desta, realizaronse e realizanse en gran medida a análise de textos bíblicos. Poden distinguirse orixinariamente duas escolas hermenéuticas, a primeira delas é a Escola de Alexandría cun forte carácter especulativo filosófico; e, a segunda, corresponde á Escola de Antioquía caracterizada polo énfasis gramatical contextual utilizado nas súas análises. A distinción entre ambas esta determinada pola maior ou menor acentuación depositada na literalidade dos textos bíblicos (Giannini 1998:100)”. Hermenéutica e Análise Cualitativa

“No Romanticismo a hermenéutica constituíuse nunha disciplina autónoma, configurándose con Schleiermacher, nunha teoría xeral da interpretación, dedicada á correcta interpretación dun autor e a súa obra textual. Anos máis tarde, Wilhelm Dilthey (1833-1911) amplióu o seu ámbito a toda-las “ciencias do espíritu”.
Actualmente entendemos por hermenéutica aquela corrente filosófica que, afundindo as súas raíces na fenomenoloxía de Husserl e no vitalismo nietzscheano, xurde a mediados do século XX e ten como máximos exponentes ó alemán Hans Georg Gadamer (nado en 1900), Martin Heidegger (1889-1976), os italianos Luigi Pareyson (1918-1991) e Gianni Vattimo e o francés Paul Ricoeur (nado en 1913). Todos eles adoptan unha determinada posición en torno ó problema da verdade e do ser, sendo a primeira definida como fruto dunha interpretación, e o ser (mundo e home) como unha grande obra textual inconclusa que se comporta de maneira análoga a como o fai a linguaxe escrita. Non obstante, a hermenéutica contemporánea máis ca un movemento definido é unha “atmósfera” xeral que empapa grandes e variados ámbitos do pensamento, calando en autores tan heteroxéneos como Michel Foucault, Jacques Derrida, Jürgen Habermas, Otto Apel e Richard Rorty“. cibernous

“A confianza nunha correspondencia entre os procesos de acción e as formas discursivas de relación unívoca, están mostrado os seus niveis de insuficiencia pero tamén reaparecen con novas máscaras e os mesmos personaxes. Unha acción responsable pola vida plena da humanidade, ten que aspirar a relacións dialóxicas de comunicación, éstas deben estar mediadas polo uso da racionalidade comunicativa e para esto a hermenéutica crítica aporta sustanciais contribucións”. Hermenéutica Crítica

“…”hermenéutica positivista”, que busca o significado unificado ou a redución ó máximo da polisemia, e á segunda concepción da interpretación chámolle (con Ricoeur) “hermenéutica romántica”, con igual risco de efectuar una simplificación excesiva. Por suposto que estou levándoas á exaxeración, por motivos expositivos e para darme a entender. Non tódolos “positivistas” eran univocistas completos nin tódolos “románticos” eran equivocistas irredentos. Fallo de predominios. A hermenéutica positivista ponse como ideal a univocidade, a utilización das expresións nun sentido completamente igual para todolos seus referentes, de modo que se poida chegar o más posible á unicidade de comprensión. A hermenéutica romántica ábrese camiño cara a equivocidade, permite o fluxo vertixinoso de significados de tal forma que non se espere recuperar o significado do autor ou do falante, senón que o lector ou intérprete estará completamente recreando o significado do texto ou da mensaxe a cada momento, sen obxectividade posible, dando completa cabida á propia subxectividade distorsionadora ou, polo menos, modificadora.

…entre a univocidade e a equivocidade atopamos a analoxía, la analoxicidade”. ensayistas 2 3

” É importante enfatizar esta idea: un hermenéuta preguntase ¿qué quiere decir o texto? E non ¿por qué di o que di? A “explicación”, se se pode emplear esta palabra nun sentido amplio dentro do reino da cultura, non remite a un sistema hipotético–deductivo, senón ós significados compartidos polos membros dunha cultura que nos abren un mundo no cal podemos participar e, sólo a partir de entonces, conversar con eles. Como podemos notar, son programas totalmente diferentes. Esto permiteme postular o seguinte: non é que a hermenéutica sexa unha superación da explicación científica, senón que é un programa de investigación totalmente diferente. Dito de outra maneira, se a hermenéutica soluciona os problemas de explicación científica, entonces faino non abordando directamente o problema, senón pasando polo lado e plantexando un esquema de traballo completamente novo. Neste sentido, non encontro fundamentos para aseverar que a hermenéutica sexa un mellor procedemento de investigación, nin que a interpretación das culturas sexa a superación da explicación científica da cultura. Postulo que son entidades completamente independentes, donde non cabe poñelas en un rating. A Comprensión Hermenéutica

“Estes “procesos cualitativos”, que se preguntan ¿cómo se interpretan os motivos da acción humana? e ¿cómo se comprende o interno e subxectivo do home?, deron resposta as cuestións fundamentais referidas á orixe e sentido da comprensión humana, as cales tiveron un desenvolvemento intelectual importante desde o século XIX, a raíz da complexidade que caracteriza á sociedade postindustrial, o que deu orixe a diversas escolas e correntes hermenéuticas como son: a) As ciencias do espíritu de Wilhelm Dilthey, b) A Socioloxía Comprensiva de Max Weber, c) A Formación de Conceptos e teoría das Ciencias Sociais de Alfred Schütz, d) A Linguaxe como Medio da Experiencia Hermenéutica de Hans-Georg Gadamer, e) A filosofía da Linguaxe de Ludwig Wittgenstein e f) A Intencionalidade e Explicación Teleolóxica de Henrik von Wright, que constitúen hoxe en día os pilares da interpretación e comprensión hermenéutica, como procesos cualitativos que poden constituir unha base para a investigación educativa.” A Comprensión Hermenéutica na investigación educativa

“A pre-comprensión do interrogador está relacionada á de unha comunidade, a cal é á súa vez parte da rede de relacións de cousas e asuntos os cales están caracterizados pola súa apertura e finitude, xurdindo desde a apertura ó mundo compartida por todos. Se chamamos a esta apertura ó mundo Pre-Comprensión (PC) e a consideramos como a condición ontolóxica de posibilidade das pre-comprensións (pc) ónticas, entonces a diferencia básica que establece esta teoría é a de que PC non pode ser reducida a unha pc (aberta ou fixa), o cal é o que postula o mentalismo. A diferencia entre PC e pc non prohibe por certo a posibilidade de integrar esquemas de aprendizaxe dinámicos no campo dos sistema de recuperación da información (Doszkocs/Reggia/Lin 1990)”.
A Hermenéutica e o fenómeno da Información 2

Outros:

  • Unha hermenéutica da experiencia: Gadamer
  • Pedagoxía e Hermenéutica. Máis alá dos datos na educación