Rizoma

Principios de conexión e de heteroxeneidade: calquera punto do rizoma pode ser conectado con calquera outro, e debe selo. Eso non sucede na árbore nin na raíz, que sempre fixan un punto, unha orde. A árbore lingüística, á maneira de Chomsky, segue comezando nun punto S e procedendo por dicotomía. Nun rizoma, pola contra, cada rasgo non remite necesariamente a un rasgo lingüístico: *ligazóns semióticas de calquera naturaleza conectanse nel con formas de codificación moi diversas*, ligazóns biolóxicas, políticas, económicas, etc., poñendo en xogo non só réximes de signos distintos, senón tamén estatutos de estados de cousas. Guattari e Deleuze