concepto de infancia

O concepto de infancia é un constructo elaborado dende unha posicición adultocrática que define a relación e os límites normativos das interaccións entre nenos e entre estos e os adultos. Como expresa Giddens:

As posicións sociais están constituídas estructuralmente como interseccións específicas de significación, dominación e lexitimación, o cal atingue á clasificación dos axentes. Una posición social inclúe a especificación de unha «identidade» definida dentro de unha rede de relacións sociais, aínda que esa identidade é unha «categoría» á que corresponde un particular espectro de sancións normativas. Giddens (non sei cando)

A evolución do concepto dende o século XVII ata o século XXI, constitúe fundamentalmente unha mudanza no sistema relacional e de interaccións lexitimadas. Neste sentido podemos afirmar que a identidade infantil “depende das relacións do individuo cos outros significantes, que poden variar ou desaparecer” segundo Berger e Luckman (2001:129) para quen a identidade responde á identificación do individuo coas significacións que socialmente lle son atribuídas, por tanto a identidade non pode ser entendida fóra ou á marxe do contexto social en que se define.

A irrupción dos medios de comunicación xoga un papel fundamental na reconceptualización da infancia; en palabras de Meyrowitz: “é como se a sociedade enteira tivera tomado a decisión de autorizar ós nenos a asistir ás guerras, ós enterros, ós xogos de seducción eróticos, ós interludios sexuais, ás intrigas criminais. A pequena pantalla exponos ós temas e comportamentos que os adultos se esforzaron por ocultarlles durante séculos” (cit. en Barbero 2002).  Tal como apunta Barbero a dinámica relacional que os máis novos establecen cos medios non opera de xeito independiente senón que é producto e reflexo e transformacións de base no contexto, na sociedade e na familia que alteran tanto os protocolos de interacción na comunicación coma os fluxos, a producción e o intercambio.

Na actualidade, a televisión deixa de ser o sistema central das historias coas que se socializan (Gerbner 1998); a preferencia que os nenos teñen de servicios de internet coma a mensaxería instantánea, chats, foros e blogs que sitúaos fóra do discurso adultocrático institucionalizado (familia, escola, medios direccionais) á procura de comunicacións máis interpersonais, e de mensaxes menos manufacturadas; trazando novas direcións e proxectando o impulso infinito do ego dunha forma propia de construírse na sensualidade do “alius” (Sonesson 2005) que representan as novas tecnoloxías.

* Alteración nos fluxos da comunicación, a producción e o intercambio. A vivencia tamén orientada á reproducción e difusión.